A Subida a Almofrei foi unha carreira automobilística de montaña, celebrada en Almofrei, no concello de Cotobade (hoxe Cerdedo-Cotobade), de xeito interrompido entre 1970 e 2009. Foi puntuable para o Campionato de Galicia de Montaña e en varias ocasións tamén para o Campionato de España.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Modelo:Competición deportivaSubida a Almofrei
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportecarreira de montaña Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato de Galicia de Montaña Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónAlmofrei (Cerdedo-Cotobade) 42°26′05″N 8°32′57″O Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1970 – 2009 Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Máis títulosAlberto González Fernández (5) Editar o valor en Wikidata

Pechar

Historia

A subida naceu en 1970, da man da Escudería Pontevedra, que organizou en febreiro dese ano a primeira edición, da que resultou gañador o coruñés Eusebio Bonjoch, conducindo un Fiat Abarth 1000.[1] Pasaron tres anos ata que en marzo de 1973 se celebrou a segunda edición, na que o triunfador foi o vigués Luis Quinzán, a bordo dun Alpine A110 1470, por diante de Carlos Arrojo.[2] En 1974 a vitoria foi para Humberto Rodríguez, e ao ano seguinte foi Estanislao Reverter o vencedor, conducindo o seu famoso Alpinche.[3] En 1976 gañou o Alpine de Santiago Salido, mentres que en 1977 o pontevedrés Alberto González "Camba" lograba a primeira das súas cinco vitorias na proba, despois de quedar segundo o ano anterior.[4][5]

Tras a edición de 1979 disolveuse a Escudería Pontevedra, polo que a proba deixou de disputarse, ata que en 1982 volveu ser organizada por unha comisión formada polo expresidente da escudaría, Suso Martínez, xunto a Paco Outeda e Corujo.[6] Camba gañou tamén esa edición, así como a do ano seguinte, organizada pola Escudería Morrazo. En 1985 tomou as rendas a renacida Escudería Pontevedra, triunfando o asturiano Víctor Abraham.[7] Despois de anos puntuando para o Campionato de Galicia de Montaña, en 1987 a proba formou parte por primeira vez do calendario do Campionato de España,[8] vencendo Pancho Egozkue, que ademais se proclamou campión de España con ese triunfo.[9] A subida mantívose como proba do nacional durante seis edicións, ata 1992. Tras dous anos sen disputarse, volveu en 1995 para despedirse, debido a que uns cambios no trazado impedirían a realización de máis edicións.[10] Con todo no século XXI celebráronse dúas novas edicións, en 2008 e 2009.

Palmarés

Máis información Ano, Nome ...
Ano Nome Vencedor Vehículo
1970 I Subida a Almofrei Galicia Eusebio Bonjoch Fiat Abarth 1000
1973 II Subida a Almofrei Galicia Luis Quinzán Alpine A110 1470
1974 III Subida a Almofrei Galicia Humberto Rodríguez Seat 1430 1800
1975 IV Subida a Almofrei Galicia Estanislao Reverter Alpinche
1976 V Subida a Almofrei Galicia Santiago Salido Alpine A110 1800
1977 VI Subida a Almofrei Galicia Camba Selex 1800
1978 VII Subida a Almofrei España Joan Llagostera Osella BMW
1979 VIII Subida a Almofrei Galicia Camba Selex 1800
1982 IX Subida a Almofrei Galicia Camba Selex 2000
1983 X Subida a Almofrei Galicia Camba Selex 2000
1985 XI Subida a Almofrei España Víctor Abraham Selex Manso
1986 XII Subida a Almofrei Galicia Camba Selex 2000
1987 XIII Subida a Almofrei España Francisco Egozkue Lola BMW CS
1988 XIV Subida a Almofrei España Francisco Egozkue Osella BMW
1989 XV Subida a Almofrei España Luis Martínez Lola BMW
1990 XVI Subida a Almofrei España Luis Martínez Lola BMW
1991 XVII Subida a Almofrei España Luis Martínez Lola BMW
1992 XVIII Subida a Almofrei España Luis Martínez[11] Lola BMW
1995 XIX Subida a Almofrei Galicia José Santos Osella BMW
2008 XX Subida a Almofrei Galicia Toño Varela Fórmula Outeda
2009 XXI Subida a Almofrei Galicia Benito Varela Dicode FR
Pechar

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.