![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/96/Arctic_terns.jpg/640px-Arctic_terns.jpg&w=640&q=50)
Carrán ártico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O carrán ártico,[2] de nome científico Sterna paradisaea Pontoppidan, 1763,[1] é unha ave mariña da familia dos estérnidos. Esta ave ten unha distribución circumpolar; cría en colonias no Ártico e en rexións subárticas de Europa, Asia e Norteamérica, (cun límite meridional na Bretaña ou Massachusetts). Esta especie é unha gran migradora, e vese sometida a dous veráns por ano cando migra dos seus terreos de cría boreais até os océanos próximos á Antártida, e durante o seu regreso (uns 38.600 km) cada ano. Trátase da migración regular máis longa de todos os animais coñecidos.[3]
Carrán ártico Sterna paradisaea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Dous carráns árticos, un cun peixe no peteiro | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Sterna paradisaea Pontoppidan, 1763[1] | |||||||||||||||
![]() Aniñamento (vermello), invernación (azul) e rutas de migración (verde) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f2/Sterna_paradisaea_MHNT.ZOO.2010.11.137.5.jpg/640px-Sterna_paradisaea_MHNT.ZOO.2010.11.137.5.jpg)
Os carráns árticos son aves de tamaño mediano. Miden entre 33 e 39 centímetros de longo e teñen unha envergadura de 76–85 cm. As súas plumas son principalmente grises e brancas, cunhas patas vermellas e un peteiro tamén vermello, tan longo coma a testa, recto, cunha unión pronunciada das ramas mandibulares; ten unha fronte branca, unha caluga e píleos negros con raias brancas, e unhas fazulas brancas. O manto gris mide 305 mm, e as escápulas son marróns, con algunhas puntas brancas. A parte superior das ás é gris co bordo de cor branca, e o pescozo é completamente branco, ao igual co lombo. A cola, notablemente bifurcada, é esbrancuxada con algunhas plumas grises á parte exterior. A parte posterior do píleo ata os orificios auditivos é negra.[3][4]
Os carráns árticos son aves de gran lonxevidade e moitos chegan aos vinte anos de idade. Aliméntanse principalmente de peixes e pequenos invertebrados mariños. Esta especie é abondosa, e estímase que existe un millón de exemplares. Aínda cando, en xeral, non se coñece a evolución das súas poboacións, a explotación que sufriu no pasado reduciu a abondosidade deste ave especialmente con respecto á súa distribución nas zonas máis meridionais.[3]