O carrán ártico,[2] de nome científico Sterna paradisaea Pontoppidan, 1763,[1] é unha ave mariña da familia dos estérnidos. Esta ave ten unha distribución circumpolar; cría en colonias no Ártico e en rexións subárticas de Europa, Asia e Norteamérica, (cun límite meridional na Bretaña ou Massachusetts). Esta especie é unha gran migradora, e vese sometida a dous veráns por ano cando migra dos seus terreos de cría boreais até os océanos próximos á Antártida, e durante o seu regreso (uns 38.600 km) cada ano. Trátase da migración regular máis longa de todos os animais coñecidos.[3]

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Carrán ártico
Sterna paradisaea

Dous carráns árticos, un cun peixe no peteiro
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Sternidae
Xénero: Sterna
Especie: S. paradisaea
Nome binomial
Sterna paradisaea
Pontoppidan, 1763[1]
Aniñamento (vermello), invernación (azul) e rutas de migración (verde)
Aniñamento (vermello), invernación (azul) e rutas de migración (verde)

Aniñamento (vermello), invernación (azul) e rutas de migración (verde)
Pechar
Sterna paradisaea

Os carráns árticos son aves de tamaño mediano. Miden entre 33 e 39 centímetros de longo e teñen unha envergadura de 76–85 cm. As súas plumas son principalmente grises e brancas, cunhas patas vermellas e un peteiro tamén vermello, tan longo coma a testa, recto, cunha unión pronunciada das ramas mandibulares; ten unha fronte branca, unha caluga e píleos negros con raias brancas, e unhas fazulas brancas. O manto gris mide 305 mm, e as escápulas son marróns, con algunhas puntas brancas. A parte superior das ás é gris co bordo de cor branca, e o pescozo é completamente branco, ao igual co lombo. A cola, notablemente bifurcada, é esbrancuxada con algunhas plumas grises á parte exterior. A parte posterior do píleo ata os orificios auditivos é negra.[3][4]

Os carráns árticos son aves de gran lonxevidade e moitos chegan aos vinte anos de idade. Aliméntanse principalmente de peixes e pequenos invertebrados mariños. Esta especie é abondosa, e estímase que existe un millón de exemplares. Aínda cando, en xeral, non se coñece a evolución das súas poboacións, a explotación que sufriu no pasado reduciu a abondosidade deste ave especialmente con respecto á súa distribución nas zonas máis meridionais.[3]

Distribución e migración

O carrán ártico ten unha distribución circumpolar e continua; non se recoñecen subespecies. Pódeselle atopar en rexións costeiras das partes temperás frías de Norteamérica e Eurasia durante o verán setentrional. Mentres inverna no verán meridional, pódeselle atopar no mar, chegando ao bordo sur do xeo antártico.[5] A distribución da especie cobre unha superficie de aproximadamente dous millóns de km2.[1]

O carrán ártico é célebre pola súa migración; voa dende a súa área de cría no Ártico até a Tierra del Fuego, e despois volta, unha vez ao ano.[6] Esta viaxe de 19.000 km por traxecto expón á ave a dous veráns por ano, polo tanto, a máis luz do día que calquera outra criatura do planeta.[7] Un carrán ártico típico viaxará ao longo da súa vida unha distancia equivalente á de ir e volver da Lúa (uns 800.000 km).[8] Un exemplo da grande capacidade de voo desta ave por cubrir longas distancias é o dun carrán ártico que foi anelado cando aínda non emplumara, nas illas Farne de Northumberland (Reino Unido) no verán de 1982, e que chegou a Melbourne (Australia), no mes de outubro do mesmo ano; unha viaxe sobre o mar de máis de 22.000 km só tres meses despois de emplumar.[9][10] Outro exemplo é o dun pito anelado no Labrador (Canadá) o 23 de xullo del 1928. Foi atopado en Suráfrica catro meses máis tarde.[11]

Os carráns árticos adoitan comezar a súa fazaña migratoria cando o día se torna máis curto en dirección ao círculo polar antártico onde os días se comezan a alongar,[12] voando a unha grande distancia da costa.[3] Polo tanto, fóra da época de apareamento só raramente poden verse dende terra firme.[13]

Estado de conservación

En certos estados os carráns árticos son considerados especies ameazadas ou vulnerables. Tamén son unha das especies incluídas no AEWA.[14] A especie entrou en declive a Nova Inglaterra a finais do século XIX debido á caza promovida pola industria téxtil.[15] Actualmente continúase explotando ao oeste de Groenlandia, onde a especie vén minguando en poboación dende a década de 1950.[16]

Na zona máis meridional da súa área de distribución, as poboaciones de carrán ártico atópanse en regresión. Gran parte disto débese á falla de alimentos.[17] Malia isto, a distribución destes paxaros espállase por zonas moi afastadas, e non semella haber ningunha tendencia de mingua na poboación global.[18]

Dende o ano 1988, a Birdlife International catalogou a especie nun nivel de risco baixo, e estímas que a súa poboación mundial é de aproximadamente un millón de individuos.[1]

Filatelia

Thumb
Selo das Illas Feroe amosando dous exemplares adultos en voo.

O carrán ártico aparece en selos de varios países e dependencias. Son exemplos de dependencias as illas Åland, Alderney e mailas illas Feroe. Entre os países, hai selos propios do Canadá, Finlandia, Islandia e Cuba.[19]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.