Á
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha á ou ala[1] é un órgano superior ou apéndice de determinados animais morfoloxicamente adaptado para o voo independente. Téñenas as aves, os insectos e os quirópteros e tivéronas os xa extintos pterosauros.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Á (homónimos).
Algunhas aves, como os pingüíns e as avestruces, teñen as ás pouco desenvolvidas e non son capaces de se manter no aire. Algúns insectos perden as ás no transcurso da metamorfose, carecendo delas en estado adulto, coma os piollos.