From Wikipedia, the free encyclopedia
Staind foi unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1995 en Springfield, Massachusetts. Durante 16 anos o grupo estivo composto polo vocalista e guitarrista Aaron Lewis, o guitarrista Mike Mushok, o baixista Johnny April e o batería Jon Wysocki (que marchou en maio do 2011). Ata a data Staind editou seis álbums de estudio: Tormented (1996), Dysfunction (1999), Break the Cycle (2001), 14 Shades of Grey (2003), Chapter V (2005) e The Illusion of Progress (2008). O seu último álbum auto-titulado publicouse no 2011. A banda tamén conseguiu varios sinxelos que alcanzaron os postos máis altos das listas e venderon ao redor dos 15 millóns de discos en todo o mundo.
Staind | |
---|---|
Orixe | Springfield, Massachusetts, |
Período | 1995–2012, 2014 |
Xénero(s) | nu metal,[1][2] metal alternativo,[3] hard rock,[4] post-grunge.[5] |
Selo(s) discográfico(s) | Flip, Elektra, Atlantic, Roadrunner |
Membros | Aaron Lewis Mike Mushok Johnny April |
Antigos membros | Jon Wysocki |
Na rede | |
http://www.staind.com/ | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.