Splicing
From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo inglés splicing utilízase internacionalmente para referirse ao que tamén se denomina empalme. Trátase do empalme de fragmentos cortados dunha molécula, que se volven a unir cataliticamente, xeralmente eliminando algúns deles. O termo úsase fundamentalmente para referirse aos procesos que teñen lugar durante a maduración do ARN, pero pode falarse de splicing nos seguintes tres casos:
- Splicing de ARN: É un proceso co-transcricional de corte e empalme de ARN. O ARN córtase en cachos, elimínanse algúns deles e empálmanse os demais, orixinando o ARN maduro. Este proceso é moi común en eucariotas, nos que se dá en calquera tipo de ARN aínda que é máis común no ARNm. Tamén se describiu no ARNr e ARNt de procariotas e virus bacteriófagos.
- Splicing de proteínas: É un proceso postraducional de corte e empalme dunha proteína precursora. Este proceso comporta a eliminación dunha secuencia de aminoácidos da cadea polipeptídica para despois unir o resto e orixinar unha proteína madura máis pequena.
- Splicing de ADN[1]: Proceso que consiste na unión covalente de dous fragmentos de ADN bicatenario, catalizado por unha ADN ligase.