![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a4/EdWynne5_%2528cropped2%2529.jpg/640px-EdWynne5_%2528cropped2%2529.jpg&w=640&q=50)
Space rock
xénero musical / From Wikipedia, the free encyclopedia
Space rock é un xénero musical aparecido durante os anos 60 como unha corrente do rock psicodélico e o rock progresivo. Orixinalmente o termo referíase a bandas británicas destes xéneros como Pink Floyd ou Hawkwind, caracterizadas por lentas e longas pasaxes instrumentais dominadas por sintetizadores, traballos experimentais de guitarra e letras con temática de ciencia ficción; aínda que posteriormente serviu para referirse a unha serie bandas británicas de rock alternativo de finais dos 80 que amosaban influencias das anteriores e tiñan un estilo máis melódico.
Space rock | |
---|---|
![]() | |
Orixe musical | rock progresivo, rock psicodélico, rock experimental, música electrónica |
Orixe cultural | finais dos 60 en Inglaterra |
Instrumentos típicos | guitarra, sintetizadores, baixo, batería, voces |
Derivados | noise pop |
Subxéneros | |
neopsicodelia, post-rock, shoegazing | |
Xéneros de fusión | |
dream pop, stoner rock, música ambient | |
O termo foi resucitado no século XXI para referirse a un novo grupo de bandas como Flowers of Hell, Comets on Fire e Flotation Toy Warning, que se inspiran nas ideas e nos sons das dúas primeiras correntes do xénero.