subxénero rexional do hip hop From Wikipedia, the free encyclopedia
O southern hip hop (en galego: hip hop sureño), tamén coñecido como southern rap, south coast hip hop ou dirty south, é un termo xeral para un subxénero rexional da música hip hop estadounidense que xurdiu no sur dos Estados Unidos, especialmente en Atlanta, Nova Orleans, Houston e Memphis e Miami, cinco cidades que constitúen a "rede do sur" na música rap.[1][2][3]
Southern hip hop | |
---|---|
Orixe musical | Música hip hop, East Coast rap, West Coast rap |
Orixe cultural | Maediados da década de 1980, Rexión Sur, Estados Unidos especialmente Houston, Atlanta, Nova Orleáns, Memphis e Miami |
Subxéneros | |
Bounce, chopped and screwed, crunk, miami bass, phonk, plugg, trap e memphis rap | |
A música foi unha reacción ao fluxo da cultura hip hop dos anos 80 da cidade de Nova York e da zona dos Ánxeles e pódese considerar a terceira escena do hip hop estadounidense, xunto co east coast hip hop e west coast hip hop.[4] Moitos dos primeiros artistas de rap do sur lanzaron a súa música de forma independente ou en mixtapes despois de atopar dificultades para conseguir contratos con selos discográficos na década de 1990.[5] A principios da década de 2000, moitos artistas do sur alcanzaron o éxito e, a medida que pasou a década, tanto as variedades mainstream como underground de hip hop do sur convertéronse entre as máis populares e influentes de todo o xénero.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.