xenero musical From Wikipedia, the free encyclopedia
A música trap é un subxénero musical do hip hop. Xurdiu a principio dos anos 1990[1] no sur dos Estados Unidos.[2][3] Caracterízase polo uso de sons repetitivos e melodías sonoras sintéticas, primando a sonoridade e a musicalidade sobre a música e a letra.
Música Trap | |
---|---|
Orixe musical | Southern hip hop, gangsta rap, hardcore rap, música snap |
Orixe cultural | Comezos da década de 1990, Atlanta, Xeorxia, Estados Unidos |
Instrumentos típicos | Caixas rítmicas, sintetizadores, sub-graves, auto-tune |
Derivados | Afro trap, emo rap, hookah rap, hyperpop, trap latino |
Subxéneros | |
Cloud rap, drill, phonk, plugg, rage, tred rap | |
Xéneros de fusión | |
Country trap, música trap (electrónica), trap metal | |
Escenas locais | |
Atlanta hip hop, memphis hip hop | |
O xénero recibe o seu nome da palabra slang de Atlanta "trap house", unha casa utilizada exclusivamente para vender drogas. A música trap usa batería sintetizada e caracterízase por complexos patróns de hi hat, bombos cun sustain longo (orixinalmente da caixa de ritmos Roland TR-808) e contido lírico que a miúdo se centra no consumo de drogas e a violencia urbana.[4][5][2][6] Utiliza moi poucos instrumentos e céntrase case exclusivamente en caixas e hi hats de dobre ou triplo tempo.[7][8]
Entre os pioneiros do xénero figuran os produtores Kurtis Mantronik, Mannie Fresh, Shawty Redd, Fatboi, Zaytoven, DJ Screw e Toomp, xunto cos rapeiros Young Jeezy, Gucci Mane e T.I. (que acuñou o termo co seu álbum Trap Muzik de 2003). O son do trap moderno foi popularizado polo produtor Lex Luger, quen produciu o influinte álbum de Waka Flocka Flame Flockaveli en 2010, e cofundou o prolífico equipo de produción de hip hop 808 Mafia.[9]
Desde que pasou ao mainstream na década de 2010, o trap converteuse nunha das formas máis populares da música estadounidense, dominando constantemente o Billboard Hot 100 ao longo da década, con artistas como Drake, Future, Cardi B, 21 Savage, Migos, Lil. Uzi Vert, Post Malone, XXXTentacion, Young Thug e Travis Scott (entre moitos outros) acadaron os primeiros postos nas listas con cancións con produción inspirada no subxénero trap.[10] Influíu na música de moitos artistas pop e R&B, como Ariana Grande, Beyoncé, Miley Cyrus, Rihanna e outros.[5][11] A súa influencia tamén se pode escoitar no reguetón e no K-pop.[11] En 2018, o hip hop converteuse na forma de música máis popular por primeira vez (segundo Nielsen Data), coincidindo co continuo aumento da popularidade do trap. [12] En 2019, os éxitos de trap acumularon un grande éxito comercial, como "7 rings" de Ariana Grande que pasou 8 semanas no número 1 da lista Billboard Hot 100; outro éxito trap foi a canción country-trap "Old Town Road" de Lil Nas X (con Billy Ray Cyrus), que bateu o récord de pasar máis semanas (19) na parte superior da lista Billboard Hot 100, ademais de converterse a canción máis rápida en acadar unha certificación de diamante.[13][14]
A música trap caracterízase polo uso de ritmos e arranxos moi densos e sombríos. Conserva unha clara influencia da cultura e da música hip hop. Destaca pola súa sinxeleza escrita, chegando a usar versos sen medidas e métricas moi pouco traballadas.
Outra das características principais do trap son o uso dos efectos sonoros. Usan caixas rítmicas, sintetizadores, sub-graves... Tamén está moi marcado e integrado o uso do Auto-Tune, moitas veces de maneira esaxerada e moi criticado durante anos. O uso de modos harmónicos menores para darlle unha estética máis tétrica, triste e urbana.
A temática do trap fala dun contorno ilegal, depresivo, con drogas e con delincuencia. A lírica é totalmente entendible, xa que vén influenciada polos súa orixe nun mundo cheo agresividade e tráfico de drogas. A diferenza do rap, no trap non hai unha protesta nin unha reivindicación social o trap non ten reivindicacións nin propón solucións.[15][16]
O trap ten as súas orixes nos Estados Unidos na década de 1990, co foco inicial na cidade de Atlanta. A orixe deste estilo musical debeuse sobre todo ao auxe dos sons electrónicos e a música dance, os cales empezáronse a mesturar cos sons do hip hop, dando lugar a un novo xénero, o trap. O nome foi dado pola xente dos guetos e de lugares de intercambio de drogas, onde se popularizou rapidamente.
Co paso do temo foise estendendo tamén por outros países e obtendo unha gran fama internacional. Esta situación é visible nos países castelanfalantes onde nos últimos anos colleu grande importancia, ademais de que o seu crecemento tamén se viu influído pola saturación do reggeton no mercado musical.[15][16]
O grupo santiagués Boyanka Kostova, formado en 2016 por Cibrán (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho Do Funk), está considerado o primeiro grupo de trap en lingua galega.[17][18] Máis tarde chegou Verto, un grupo de dous santiagueses que fixo a súa primeira aparición no programa Luar co seu tema trap "Oie gayego", ampliando deste xeito o panorama do trap galego, saíndo á luz FØ Records, C Mirazo e O Portughés entre outros.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.