política española From Wikipedia, the free encyclopedia
Sonia Castedo Ramos, nada en Ribadeo en 1970, é unha política galega, foi alcadesa de Alacant polo Partido Popular do 2008 até o 2014.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Sonia Castedo Ramos 23 de decembro de 1970 (53 anos) Ribadeo, España |
Deputada nas Cortes Valencianas | |
10 de xuño de 2011 – 2 de maio de 2014 – Juan Guillermo Moratal Cloquell → Circunscrición electoral: Alicante (en) Electa en: 2011 Valencian regional election (en) | |
Alcaldesa de Alacant | |
11 de setembro de 2008 – 23 de decembro de 2014 ← Luís Bernardo Díaz Alperi – Miguel Valor Peidró → | |
City councillor of Alicante (en) | |
1999 – 2014 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Alacant - licentiate in sociology (en) |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Popular (1993–) |
Desde meniña reside en Alacant, onde cursou todos os seus estudos. É licenciada en Socioloxía pola Universidade de Alacant. En 1991 foi Beleza da Fogueira do barrio alacantino Princesa Mercedes.
A súa traxectoria laboral centrouse na Administración Pública Local da cidade desde 1995 cando entrou a formar parte do gabinete de prensa do Concello de Alacant como soporte técnico do mesmo. Desde entón estivo no consistorio ocupando distintos cargos políticos.
Foi denunciada polo grupo socialista do Concello de Alacant ante a Fiscalía Anticorrupción por tráfico de influencias, prevaricación, estafa e fraude debido unha actuación urbanística no barrio de Benalúa.[2][3][4][5] En abril de 2009, algunhas das denuncias foron arquivadas de maneira definitiva polo fiscal anticorrupción, Felipe Briones;[6] outras foron arquivadas de forma provisional, en espera da decisión sobre todo o caso que tomará o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana.[7]
En outubro de 2010 a Fiscalía Anticorrupción acusou a Sonia Castedo de estar implicada na trama de corrupción do Caso Brugal na tramitación do novo Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) de Alacant, xunto co seu antecesor, o popular Luis Díaz Alperi, e que lideraría o presidente do Hércules C.F. e construtor Enrique Ortiz Selfa. O fiscal imputoulle delitos de suborno, tráfico de influencias e revelación de información privilexiada, sinalando que foi retribuída con agasallos. Sonia Castedo sinalou que "Ortiz non conseguiu nada do que pediu", admitindo un dos regalos: unha viaxe en iate ás Illas Baleares.[8]
Segundo o revelado pola investigación policial, na recta final da redacción do PXOU de Alacant, entre maio de 2008 e xuño de 2010, as conversacións entre Enrique Ortiz e Sonia Castedo foron case diarias, o que para a policía demostra "a colaboración dos responsables de Urbanismo co empresario".[9]
O 22 de maio de 2011, Sonia Castedo logrou o mellor resultado na historia de Alacant para o Partido Popular, pasando de 15 a 18 concelleiros (sumou 15.000 votos máis). Este resultado mostra que a pesar de que o caso Brugal puido ter afectado a súa imaxe, non lle pasou ningunha factura nas urnas.[9]
Con todo, en outubro de 2012 foi imputada polo TSX de Valencia polo amaño do Plan de Ordenación Urbana da cidade de Alacant.[10] En decembro de 2014 presentou a súa dimisión en relación cunha imputación, e foi substituída por Miguel Valor Peidró, até entón tenente de alcalde e concelleiro de Cultura.[11]
Tras perder o aforamento tanto Castedo como Díaz Alperi,[12] o caso rematou chegando aos xulgados de Alacant que decretaron o arquivo provisional da causa, o 12 de maio de 2016, ao entender o maxistrado que a identificación precisa dos delitos por parte da acusación "non se fixera, porque a transcrición dalgunhas conversacións non é suficiente, nin sequera coa interpretación que a policía poida facer desas conversacións, que deben servir para iniciar ou dirixir unha investigación, pero non para continuar e sustentar unha acusación”.[13]
En decembro de 2016, a sección terceira da Audiencia Provincial de Alacant decretou o arquivo definitivo do caso ao concluír que non existían no sumario "datos concretos que describisen unha actuación prevaricadora, carente dun mínimo apoio legal, e que fose imputable a calquera funcionario público”. Tampouco apreciou a comisión dos delitos de suborno nin de tráfico de influencias. O tribunal desestimou os recursos de apelación que plantearon a Fiscalía Anticorrupción, PSPV e mais EU contra o auto de sobresemento provisional.[14]
En xaneiro de 2017, o xuíz Manrique Tejada volveu levar a xuízo a Sonia Castedo por amañar o PXOU de Alacant en favor do empresario Ortiz.[15] En xaneiro de 2018, Castedo negou as declaracións de Ricardo Costa no xuízo de Gürtel no que parecía vincular á exalcaldesa co suposto financiamento do seu partido na Comunidade Valenciana.[16] Finalmente, en xullo de 2021, Sonia Castedo e o resto dos acusados do caso Brugal foron absoltos pola Audiencia Provincial de Alacant. A exalcaldesa tivo duras palabras contra o seu antigo partido (do que foi suspendida da militancia) polo pouco apoio prestado, dende o seu punto de vista.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.