misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz MS-08 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 21 de marzo de 2018 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][6]
Soiuz MS-08, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Artemiev, Andrew J. Feustel e Ricky Arnold a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación dous días despois do seu lanzamento, acoplándose ao módulo Poisk e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 55, Anton Shkaplerov, Scott D. Tingle e Norishige Kanai. Despois da marcha da Soiuz MS-07 comezou oficialmente a Expedición 56 cos membros da Soiuz MS-08. O 5 de agosto de 2018, Artemiev e Sergei Prokopiev (da Soiuz MS-09) fixeron un paseo espacial desde o módulo Pirs para liberar catro nanosatélites, documentar o estado da estación en video, instalar unha antena para seguimento de animais e estudar a migración das aves e recuperar mostras expostas ao espazo. Foi o paseo espacial número 45 levado a cabo desde o segmento ruso da estación. Ao final da misión, tras 197 días, a Soiuz MS-08 desacoplouse da estación o 4 de outubro de 2018. A cápsula chegou a terra case catro horas máis tarde, a 146 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.