misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz MS-05 foi unha misión espacial tripulada de Rusia lanzada o 28 de xullo de 2017 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][6]
Soiuz MS-05 | |
---|---|
A Soiuz MS-05 antes do regreso a terra. | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 28 de xullo de 2017[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][6][5] |
Regreso | 14 de decembro de 2017[1][5] |
NSSDC ID | 2017-043A |
Soiuz MS-05, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Sergei Riazanski, Randy Bresnik e Paolo Nespoli a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación seis horas despois do seu lanzamento, coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 52, Fiodor Iurchikhin, Peggy Whitson e Jack Fischer, e comezando a Expedición 53. Durante a misión, Riazanski levou a cabo xunto con Iurchikhin o 43 paseo espacial desde o segmento ruso da ISS, no cal os cosmonautas soltaron varios nanosatélites e instalaron diverso equipo científico. Despois de 139 días de misión, os membros da Soiuz MS-05 cederon o mando da estación aos membros da Expedición 54, chegada a bordo da Soiuz MS-06 (Alexander Misurkin, Mark T. Vande Hei e Joseph Acaba). A Soiuz MS-05 desacoplouse do módulo MIM-1 ás 5:14 GMT do 14 de decembro, tocando terra ás 8:37.[2][3][4][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.