misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz 26 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 10 de decembro de 1977 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz 26 | |
---|---|
Selo postal conmemorativo das Soiuz 26 e 27 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 10 de decembro de 1977, 1:18 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 96,42 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Saliut 6.[2][6] |
Regreso | 16 de xaneiro de 1978, 11:25 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1977-113A |
Masa | 6570,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 26, unha Soiuz modelo 7K-T cos cosmonautas Iuri Romanenko e Georgi Grechko a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Saliut 6. A diferenza da Soiuz 25, a Soiuz 26 acoplouse completamente coa estación ao usar o segundo porto dispoñible e os cosmonautas puideron pasar ao seu interior. Pasaron un total de 96 días a bordo, marcando un récord no seu momento. As súas tarefas consistiron en facer diversas probas coa estación, así como experimentos e un paseo espacial (o primeiro desde unha estación Saliut, o 20 de decembro) para inspeccionar o porto de atraque ao que a Soiuz 25 se acoplou defectuosamente, determinando que o porto da estación estaba ben e o fallo estaba na Soiuz . Durante a súa estancia tivo lugar o primeiro avituallamento en órbita: a primeira nave Progress acoplouse á estación o 22 de febreiro, levando a bordo subministracións e propelente.[2][3][4][5]
A Saliut 6 coa Soiuz 26 acoplada foi tamén a primeira estación que recibiu unha tripulación visitante, a Soiuz 27, que atracou no porto libre o 10 de xaneiro de 1978. Así, durante cinco días, a estación estivo ocupada coas dúas Soiuz e cos catro cosmonautas a bordo, que se adicaron a facer probas e experimentos nalgúns casos dirixidos a comprobar o comportamento da estrutura formada polas tres naves e a súa resposta a perturbacións e resonancias. A tripulación visitante (Oleg Makarov e Vladimir Dzhanibekov) regresou a terra na Soiuz 26, deixando a máis nova Soiuz 27 para a tripulación de longa duración. O 3 de marzo de 1978 a Saliut 6 recibiría unha nova nave tripulada, a Soiuz 28, coa primeira misión Interkosmos a bordo.[2][3][4][5]
A Soiuz 26 volveu a terra o 16 de xaneiro de 1978 ás 11:25 GMT, con Dzhanibekov e Makarov a bordo.[2][3][4][5]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz 26 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.