misión do programa espacial Soiuz From Wikipedia, the free encyclopedia
Soiuz 13 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 18 de decembro de 1973 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Soiuz 13 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 18 de decembro de 1973, 11:55 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 7,87 días[6] |
Obxectivo da misión | Probas coa nave, observacións terrestres e astronómicas.[2][6] |
Regreso | 26 de decembro de 1973, 8:50 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1973-103A |
Masa | 6570,0 kg[2][5][6] |
A misión Soiuz 13 usou unha nave modelo Soiuz 7K-T lixeiramente modificada, que pasou a ser denominada Soiuz 7K-T/AF e que foi única no seu xénero. No módulo orbital ía aloxado o telescopio Orion 2 co que a tripulación, formada polo comandante Piotr Klimuk (o primeiro belaruso en voar ao espazo) e enxeñeiro de voo Valentin Lebedev, fixo observacións astronómicas no ultravioleta. Tamén fixeron observacións da superficie terrestre con outros instrumentos e seguir facendo probas cos sistemas da nova nave.[2][3][4][5]
Tras case oito días en órbita, a cápsula tripulada reentrou na atmosfera terrestre e aterrou a uns 200 km ao suroeste de Karaganda o 26 de decembro de 1973.[2][3][4][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.