entidade numismática francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
A Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos (en francés: Société d’Études Numismatiques et Archéologiques –SÉNA–) é unha sociedade erudita francesa fundada en 1963 e destinada á promoción da investigación numismática e arqueolóxica.[1]
Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos | |
---|---|
Acrónimo | SÉNA |
Tipo | sociedade científica |
Data de fundación | 1963 |
Fundador(es) | Paul Lafolie, Max Le Roy e Jean Baptiste Colbert de Beaulieu |
Sede | París |
País | Francia |
Na rede | |
http://www.sena.fr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A sociedade forma parte do Consello Internacional de Numismática. O seu presidente é Éric Vandenbossche.[2]
A segunda guerra mundial provocou a desaparición de numerosas institucións e publicacións que desde había un século, favorecían o pluralismo no acceso dos numismáticos á información e á investigación. Nese contexto, dous antigos membros do consello de dirección da Sociedade Francesa de Numismática (SFN), Paul Lafolie e Max Le Roy, determinaron a creación da Société d’Études Numismatiques et Archéologiques (SÉNA), o 23 de novembro de 1963, baixo a presidencia de Max Le Roy.[3][4]
A constitución formal da SÉNA non se produciu ata o 22 de febreiro de 1964, mediante unha asemblea xeral constituínte na que se designou como membro de honra o académico Fernand Benoît e presidente de honra o patron honorario do Gabinete de Moedas e Medallas da Biblioteca Nacional de Francia, Jean Babelon, que xa era, pola súa vez, presidente honorífico da SFN.[3][4]
Entre os 31 membros fundadores salientan as figuras do gravador e futuro académico Raymond Corbin, o membro do CNRS e ex vice-presidente da SFN Jean Baptiste Colbert de Beaulieu, e os numismáticos profesionais Serge Boutin, René Kampmann (Maison Platt), Nadia Kapamadji e Bernard Poindessault.[3][4]
En xuño de 1964, a SÉNA creou os Cahiers numismatiques ("Cadernos numismáticos"), revista trimestral complementaria do Bulletin mensual e da Revue numismatique anual editados pola SFN, cos que se mantiña unha coordinación constante.[5][6]
En 1965 Paul Lafolie, o entón presidente da SÉNA, foi o seu representante no centenario da SFN. Pola súa banda, en 2000 a SÉNA organizou en conxunto coa SFN as Xornadas Numismáticas que tiveron lugar na Monnaie de Paris.[7]
Co paso dos anos, a SÉNA foi ampliando os focos de interese das súas investigacións, da numismática celta á numismática xeral (antiga, medieval, clásica, estranxeira, moderna...) e os estudos arqueolóxicos. Desde a súa creación, a SÉNA agrupa investigadores, profesionais, coleccionistas e outras persoas interesadas pola historia, a numismática e a arqueoloxía.[8]
A sociedade organiza para os seus membros viaxes de estudo por toda Francia e por outros países, ademais de coloquios científicos, cuxas actas son publicadas con regularidade.[9] Ademais, cada trimestre nos Cahiers numismatiques amósanse os resultados de traballos científicos levados a cabo por especialistas relacionados polas áreas de interese da sociedade.[6] Con carácter mensual, a SÉNA celebra reunións mensuais na súa sede.[10] Asemade, tamén mensualmente, organiza na Monnaie de Paris unha conferencia sobre un asunto numismático ou arqueolóxico, seguida dun debate entre os asistentes.[11]
Os Cahiers numismatiques son, desde xuño de 1964, a revista trimestral da Société d’Études Numismatiques et Archéologiques. A SÉNA publica neles os resultados dos traballos científicos que promove. Eses artigos científicos abordan temas tan variados como os documentos premonetarios, estudos técnicos ou prácticos, moedas gregas e romanas, moedas galas, cecas e utensilios monetarios, moedas ibéricas, moedas bizantinas, moedas dos pobos bárbaros (longobardos, visigodos...), moedas orientais e asiáticas, moedas medievais, fichas comerciais e moedas de necesidade, pesos monetarios, moedas falsas ou achados monetarios, entre outros moitos.[12]
Nos Cahiers numismatiques publícanse igualmente as novidades editoriais e algunhas recensións e notas críticas, así como novas da SÉNA e informacións de actualidade numismática e arqueolóxica.[6]
Desde 2006, a SÉNA edita as actas dos coloquios que organiza en colaboración con outras institucións (museos, universidades, institutos superiores...) na colección Recherches et travaux de la Société d'Études Numismatiques et Archéologiques (RTSÉNA):[13][14]
A SÉNA conta entre os seus presidentes de honra coas seguintes personalidades:[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.