Raymond Corbin
medallista, deseñador de moedas e escultor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
medallista, deseñador de moedas e escultor francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Raymond Corbin, nado o 23 de abril de 1907 en Rochefort, Charente Marítimo, e finado o 1 de marzo de 2002 en Boulogne-Billancourt, Altos do Sena, foi un medallista, deseñador de moedas, escultor e ilustrador francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1907 Rochefort, Francia |
Morte | 1 de marzo de 2002 (94 anos) Boulogne-Billancourt, Francia |
Lugar de sepultura | cemiterio de Bagneux |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | escultor , medallista , gravador |
Empregador | Escola Nacional Superior de Belas Artes |
Membro de | Academia de Belas Artes (1970–2002) |
Alumnos | Frédérique Maillart (pt) |
Lingua | Lingua francesa e lingua alemá |
Premios |
Corbin tivo entre os seus profesores a Henri Dropsy durante os seus estudos na Escola Nacional Superior de Bellas Artes de París, entre 1931 e 1934. Posteriormente, el mesmo o sucedería como profesor titular de Gravado de Medalla, en 1955. Do mesmo xeito, Raymond Corbin foi elixido para ocupar o lugar de Dropsy na Academia de Belas Artes en 1970.[1]
Outro dos profesores sobranceiros de Corbin foi o escultor Vléric, na Escola Germain Pilon.[1]
Entre os seus traballos máis salientables de Corbin están as moedas dun dinar de Tunisia de 1968 e de 1970, a moeda francesa de 100 francos conmemorativa de Marie Curie, que lle foi encomendada en 1984, e a moeda dun franco de 1995 conmemorativa do Institut de France.[1]
Como deseñador de medallas, entre outras moitas, é o autor da que conmemora o 30 aniversario da Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos, de París.[2]
En escultura destaca o seu Maquis, altorrelevo que adorna monumento na honra dos combatentes franceses, no Mont-Valérien, na vila de Suresnes.[3]
Estivo casado con Charlotte Suret-Canale (Charlotte Corbin), tamén deseñadora, finada o 14 de novembro de 2008.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.