From Wikipedia, the free encyclopedia
Sobekneferu (ás veces escrito Neferusobek) reinou como faraoa de Exipto trala morte do seu irmán Amenemhat IV. Foi a última gobernante da XII dinastía e reinou en Exipto durante case catro anos dende 1806 a 1802 a.C.[1] O seu nome significa "a beleza de Sobek".
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX a. C. |
Morte | 1793 a. C. |
Lugar de sepultura | Northern Mazghuna pyramid (en) |
Faraón | |
1798 a. C. – 29 de xaneiro de 1793 a. C. ← Amenemhat IV | |
Q110550696 | |
8ª Q110550681 | |
← Amenemhat IV | |
Faraón | |
Actividade | |
Ocupación | estadista, raíña rexente |
Período de tempo | Antigo Exipto, Imperio Medio de Exipto e XII dinastía exipcia |
Outro | |
Título | Faraón |
Familia | XII dinastía exipcia |
Fillos | Sebecotepe I |
Pai | Amenemhat III |
Irmáns | Amenemhat IV Sebecotepe I Sonbefe |
Descrito pola fonte | Tabela de Saqqara |
Era a filla do faraón Amenemhat III. Manetón afirma que tamén era irmá de Amenemhat IV, mais non existe ningunha proba. Sobekneferu tiña unha irmá máis vella chamada Neferuptah, que era a suposta herdeira. O nome de Neferuptah aparece pechado nun cartucho e tivo a súa propia pirámide en Hawara. Neferuptah faleceu a idade temperá permitindo a Sobekneferu ser a seguinte na liña sucesoria.[2]
Sobekneferu foi a primeira muller coñecida que reinou como faraoa da que existen probas. Hai cinco mulleres que se cre que reinaron na quinta dinastía e Nitocris pode ser que reinase durante a sexta dinastía.
Amenemhat IV seguramente faleceu sen herdeiro varón, polo que a filla de Amenemhat III, Sobekneferu, asumiu o trono. Segundo o canon de Turín, reinou durante tres anos, dez meses e 24 días[3] a finais do século XIX a.C.
Faleceu sen fillos ou sen herdeiros e coa fin do seu reinado concluíu a duodécima dinastía e a idade de ouro do Reino Medio, inaugurando a décimo terceira dinastía.
Descubríronse poucos monumentos para ela, aínda que se conservan moitas das súas estatuas (sen cabeza), incluíndo a base dunha representación dunha filla do rei que se descubriu en Gezer e leva o seu nome.[5] Coñécese unha estatua cunha cabeza. Un busto do Museo Exipcio de Berlín (Inv. no. 14476), perdido na segunda guerra mundial, puido identificarse como pertencente a ela. A escultura só se coñece de imaxes fotográficas e baleirados de escaiola. Chegou ao museo en 1899. A cabeza encaixa enriba da parte máis baixa dunha estatua real descuberta en Semna. Esta última pode identificarse como real porque o símbolo real "unificación dos dous países" aparece no lado do seu trono.[6] Sábese que fixo engadidos ao complexo funerario de Amenemhat III en Hawara (chamado o labirinto por Heródoto) e tamén construíu estruturas en Heracleópolis Magna.
Un fino selo cilíndrico que leva o seu nome e un título real está localizado no Museo Británico.[7] Un graffiti na fortaleza de Kumma sinala a altura da inundación do Nilo aos 1,83 metros no terceiro ano do seu reinado.[8] Outra inscrición descuberta no deserto oriental indica "ano 4, segundo mes da Estación da Emerxencia".[9] Os seus monumentos asociána consistentemente con Amenemhat III máis que con Amenemhat IV, apoiando a teoría de que era a filla real de Amenemhat III e quizais só medio irmá de Amenemhat IV.[5] O exiptólogo dinamarqués Kim Ryholt sinala que as fontes contemporáneas do seu reinado indican que Sobekneferu nunca adoptou o título de "Irmá de Rei", só o de "Filla de Rei", o que apoia esta hipótese.[5] Ademais, todos os gobernantes exipcios recibiron o título de "rei", independentemente do seu xénero.
A súa tumba non foi identificada positivamente, aínda que pode ser que fose enterrada no complexo da pirámide de Mazghuna que non ten inscricións. Está inmediatamente ao norte dun complexo similar adscrito a Amenemhat IV. Un lugar chamado Sekhemneferu aparece mencionado nun papiro atopado en Harageh. Este podería ser só o nome da súa pirámide.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.