Snapchat
aplicación de mensaxaría instantánea / From Wikipedia, the free encyclopedia
Snapchat é unha aplicación móbil gratuíta desenvolvida por Evan Spiegel e Robert Murphy que permite enviar fotografías, vídeos e mensaxes de texto que se autodestrúen aos dez segundos, como máximo. Estes contidos son coñecidos como Snaps.
Datos rápidos Localización, Persoas clave ...
Snapchat | |
---|---|
Localización | Stanford, Estados Unidos |
Persoas clave | Evan Spiegel e Robert Murphy |
Industria | software, Internet, mensaxería |
Na rede | |
https://www.snapchat.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A aplicación pódese descargar dende a App Store para dispositivos Apple e dende a Play Store para dispositivos Android. Na Play Store está catalogada dentro do nivel de madureza medio[1] e na App Store para 12+.[2]