Slumdog Millionaire
filme británico de 2008 From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Slumdog Millionaire é un filme británico de 2008 dirixido por Danny Boyle, en colaboración con Loveleen Tandan, e escrito por Simon Beaufoy, adaptando a novela Q & A (2005) do escritor indio Vikas Swarup.
Remove ads
Os actores principais son Dev Patel e Freida Pinto. O filme, filmado na India, foi lanzado o 12 de decembro de 2008. Conta a historia dun mozo dos arrabaldes de Mumbai que aparece en Kaun Banega Crorepati, a versión india de Who Wants to Be a Millionaire?, superando as expectativas da xente, a pesar das sospeitas do presentador e dos policías.
Conseguiu catro premios nos Globos de Ouro e 8 Oscars de 2009.
Remove ads
Sinopse
Jamal Malik (Dev Patel) é un adolescente pobre de Mumbai que participa na versión hindú do programa Quen quere ser millonario?. A piques de conseguir 20 millóns de rupias, que é o premio máximo do concurso, o rapaz é interrogado pola policía, que sospeita que está facendo trampas. Pero para cada unha das preguntas, Jamal ten unha resposta.
Personaxes

- Dev Patel como Jamal Malik
- Ayush Mahesh Khedekar como Jamal de neno
- Tanay Chheda como Jamal de adolescente
- Freida Pinto como Latika
- Rubina Ali como Latika de nena
- Tanvi Ganesh Lonkar como Latika de adolescente
- Madhur Mittal como Salim Malik
- Azharuddin Mohammed Ismail como Salim de neno
- Ashutosh Lobo Gajiwala como Salim de adolescente
- Anil Kapoor como Prem Kumar, o presentador do concurso
- Irrfan Khan como o Inspector de Policía
- Saurabh Shukla como Srinivas
- Mahesh Manjrekar como Javed, o xefe do crime e principal antagonista
- Ankur Vikal como Maman
- Rajendranath Zutshi como o Produtor do programa
- Sanchita Choudhary como a Nai de Jamal
- Mia Drake Inderbitzin como Adele
- Shanjei Ramanathan como Neno mendigo
Remove ads
Galardóns e nomeamentos
- 2008: 8 Oscars: incluíndo mellor filme, director e guión adaptado. 10 nomeamentos.
- 2008: 4 Globos de Ouro: Mellor filme dramática, director, guión, banda sonora.
- 2008: 7 Premios BAFTA, incluíndo mellor filme. 11 nomeamentos.
- 2008: 3 premios National Board of Review, incluíndo filme do ano e guión adaptado.
- 2008: Festival de Toronto: Mellor filme.
- 2008: Premio Goya: Mellor filme europeo.
- 2008: Premios David di Donatello: Mellor filme da Unión Europea.
- 2008: Asociación de Críticos de Los Angeles: Mellor director e banda sonora.
Véxase tamén
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads