From Wikipedia, the free encyclopedia
Slavomir Miklovš, nado o 16 de maio de 1934 en Đurđevo (hoxe Serbia) e finado o 21 de xullo de 2011 en Novi Sad, foi un eclesiástico da Igrexa católica bizantina en Croacia, Serbia e Montenegro, bispo de Križevci entre 1983 e 2009.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1934 Đurđevo, Serbia |
Morte | 21 de xullo de 2011 (77 anos) Novi Sad, Serbia |
Bispo diocesano | |
22 de xaneiro de 1983 – 25 de maio de 2009 ← Gabrijel Bukatko (en) – Nikola Kekić (en) → Diocese: Eparquia Greco-Católica de Križevci (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Zagreb |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1983–), sacerdote católico (1964–) |
Consagración | Myroslav Stefan Marusyn |
Premios | |
Slavomir Miklovš naceu en Đurđevo o 16 de maio de 1934, o oitavo fillo dunha familia de orixe rutena formada por Simeon e Verona (de apelido de solteira Gnip).[1][2] Estudou a secundaria en Rijeka e Pazin, e posteriormente Teoloxía na Universidade de Zagreb.[3][1] O 7 de xullo de 1964 foi ordenado sacerdote[2] da eparquía de Križevci en Đurđevo. Logo de ser ordenado, traballou como capelán de Ruski Krstur entre 1964 e 1968 e párroco entre 1968 e 1969 en Vukovar.[1]
O 22 de xaneiro de 1983 foi nomeado bispo de Križevci.[2] Recibiu a consagración episcopal o 25 de marzo de 1983 de mans do arcebispo Miroslav Marusyn, secretario da Congregación para as Igrexas Orientais, e tivo como co-consagrantes a Joakim Segedi e a Joakim Herbut.[2][4]
O 25 de maio de 2009 o papa Bieito XVI aceptou a renuncia por idade de Miklovš.[5] Xa retirado, o 14 de xuño consagrou bispo a Cyril Vasiľ na basílica de Santa María a Maior de Roma.[6]
Finou o 21 de xullo de 2011 en Novi Sad.[3]
O 21 de agosto de 2007 o presidente ucraíno Viktor Yushchenko condecorou a Miklovš coa Orde ao Mérito, terceira clase, por «contribuír de xeito significativo ao fornecemento da autoridade de Ucraína no mundo, a divulgación dos logros históricos e contemporáneos, e con motivo do décimo sexto aniversario da independencia de Ucraína».[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.