Rei vikingo de Dublín e rei de York From Wikipedia, the free encyclopedia
Sitric Cáech ou Sihtric Cáoch, chamado o Chosco (en irlandés antigo: Sihtric ua Ímair, en nórdico antigo Sigtrygg[1]), finado en 927, foi un líder nórdico-gaélico, monarca viquingo do reino de Dublín e máis tarde tamén de Jorvik (nome do reino de Northumbria so dominación viquinga)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX |
Morte | 927 |
Rei de Northumbria | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Uí Ímair (pt) |
Cónxuxe | Edith de Polesworth (926 (Gregoriano)–) |
Fillos | Gofraid mac Sitriuc, Aralt mac Sitric, Sitric II de Northumbria, Olaf Cuaran |
Parentes | Ímar, avó |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) |
Sitric foi un dos netos de Ivar de Dublín, por tanto pertencía á dinastía nórdica coñecida como os Uí Ímair, que, xunto cos seus familiares Gofraid ua Ímair e Ragnall ua Ímair, sería moi influente e activa en Irlanda e o norte de Gran Bretaña[2].
Os Anais do Ulster amosan a chegada de dúas frotas viquingas a Irlanda en 917, unha liderada por Ragnall e a outra por Sitric, os dous da casa de Ívar[3], que loitaron contra Niall Glúndub, derrotaron as forzas locais e, segundo os anais, Sitric, a continuación, foi a "Ath Cliath", é dicir, Dublín, e debemos asumir polo que indican as fontes documentais, que tomou posesión da cidade[4]. O seu compañeiro, Ragnall ua Ímair, despois de conquistar Waterford, dirixirase cara a Escocia[5], e máis tarde conquistará Jorvik (agora York), onde foi proclamado rei.
Sitric loitou en varias batallas contra Niall Glúndub. Menciónase unha gran guerra nas crónicas de 918, e 919, Niall e moitos outros reis irlandeses morreron nunha gran batalla ás portas de Dublín[6]. Foi, probabelmente, a derrota máis devastadora dos irlandeses inflixida polo exército escandinavo.
O 920 ou 921, Sitric abandonou Dublín. Os cronistas indican que deixou o reino "co poder de Deus"[7], pero o certo é que, tras a morte do seu irmán Ragnall, pasou a ser rei de Jorvik. O seu outro irmán, Gofraid, estaba á fronte de Dublín.
Sitric atacou Mercia desde a fronteira co reino de Jorvik[8], e dirixiu os seus exércitos en Confey e noutras batallas.
Casou no ano 926 coa irmá do rei anglosaxón, Aethelstan, (probabelmente Editha de Polesworth)[9] nun movemento político deseñado polo mesmo Aethelstan, a fin de consolidar a súa influencia no norte do seu reino. Sitric morreu de súpeto, un ano máis tarde, en 927 e Aethelstan asumiu o trono do rei viquingo algúns anos máis tarde.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.