composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
As sintaxinas son unha familia de proteínas integrais de membrana de tipo Q-SNARE que participan na exocitose.[2]
Sintaxina | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrutrura dun dominio N-teminal conservado evolutivamente da sintaxina 1A.[1] | |||||||||||
Identificadores | |||||||||||
Símbolo | Syntaxin | ||||||||||
Pfam | PF00804 | ||||||||||
InterPro | IPR006011 | ||||||||||
SMART | SM00503 | ||||||||||
SCOPe | 1br0 / SUPFAM | ||||||||||
OPM superfamily | 218 | ||||||||||
OPM protein | 3hd7 | ||||||||||
|
As sintaxinas posúen un único dominio transmembrana C-terminal, un dominio SNARE (chamado H3), e un dominio regulador N-terminal (Habc). A sintaxina 17 pode ter dous dominios transmembrana.
In vitro a sintaxina por si soa é dabondo para impulsar a fusión espontánea independente do calcio de vesículas sinápticas que conteñen v-SNAREs.[4]
Datos amperométricos máis recentes e algo controvertidos indican que o dominio transmembrana da sintaxina 1A pode formar parte do poro de fusión que se forma na exocitose.[5]
A sintaxina únese á sinaptotagmina de modo dependente do calcio e pode interaccionar con canles de calcio e potasio regulados por voltaxe por medio do dominio C-terminal H3. A interacción directa sintaxina-canle é un mecanismo molecular axeitado para a proximidade entre a maquinaria de fusión e as canles de entrada de Ca2+ durante a despolarización do botón axonal presináptico.
A familia da proteína Sec1/Munc18 únese á sintaxina e regula a maquinaria das sintaxinas. Munc18-1 únese á sintaxina 1A por medio de dous sitios distintos denominados unión N-terminal e conformación "pechada", que incorpora tanto o dominio Habc central coma o dominio SNARE central. A unión de Munc18-1 ao N-terminal da sintaxina-1 crese que facilita a interacción da sintaxina-1 con outro SNARE, mentres que a unión á conformación "pechada" da sintaxina-1 crese que é inhibidora.
Datos publicados recentemente indican que a sintaxina-1 orixinada por splicing alternativo (STX1B), que carece de dominio transmembrana, localízase no núcleo.[6]
Xenes humanos que codifican proteínas sintaxinas:
STX10, STX11, STX12, STX16, STX17, STX18, STX19
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.