![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ab/Mapa_escriptures_paleohisp%25C3%25A0niques-cast.jpg/640px-Mapa_escriptures_paleohisp%25C3%25A0niques-cast.jpg&w=640&q=50)
Signario de Espanca
From Wikipedia, the free encyclopedia
O signario de Espanca (Castro Verde, Baixo Alentexo, Portugal) é o único signario enteiro conservado dunha escritura paleohispánica. Está realizado sobre unha pequena placa de xisto (48 x 28 x 2 cm.) que apareceu fóra de contexto e polo tanto non dispón de datación arqueolóxica. É un signario dobre que consta de 27 signos e que probabelmente corresponde a un exercicio de aprendizaxe, xa que consta de dúas liñas, a primeira está trazada con maior seguridade e seguramente corresponde ao exemplo trazado polo mestre, mentres que a segunda, trazada con maior inseguridade, parece corresponder ao alumno.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ab/Mapa_escriptures_paleohisp%C3%A0niques-cast.jpg/640px-Mapa_escriptures_paleohisp%C3%A0niques-cast.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/94/Signari_d%27Espanca.jpg/640px-Signari_d%27Espanca.jpg)
Non coincide exactamente con ningunha das escrituras coñecidas a través de inscricións, aínda que pertence claramente ao grupo meridional e apareceu na zona nuclear da escritura tartesa ou do suroeste. Cabe destacar que os 13 primeiros signos conservan a orde relativa correspondente ao alfabeto fenicio. Sobre a súa orixe non hai consenso: para algúns investigadores a súa orixe esta directa e unicamente vinculado ao alfabeto fenicio, mentres que para outros na a súa creación tamén influiría o alfabeto grego.