![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9f/The_Wings%252C_Siemens_HQ_Munich%252C_April_2017.jpg/640px-The_Wings%252C_Siemens_HQ_Munich%252C_April_2017.jpg&w=640&q=50)
Siemens AG
From Wikipedia, the free encyclopedia
Siemens AG (en alemán pronunciado [ˈziːməns], pronúnciase "simens") é unha empresa multinacional formada por un conxunto de empresas que traballan no campo da enxeñería eléctrica, electrónica, telecomunicacións, equipamento enerxético, automoción, equipamento médico e iluminación, así como en servizos especializados en diversos campos industriais, o transporte e as telecomunicacións. A súa sede central está en Berlín e Múnic. A empresa opera en 190 países e practicamente en tódolos sectores tecnolóxicos e industriais.
Siemens AG | |
---|---|
![]() | |
![]() ![]() | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1847 Berlín ![]() |
Localización | Múnic - Berlín ![]() |
Fundador | Werner von Siemens e Johann Georg Halske |
Persoas clave | Peter Löscher Gerhard Cromme |
Industria | Telecomunicacións, Enerxía Saúde |
Produtos | Sistemas de telecomunicacións Xeración de enerxía Automatización industrial e control Iluminación Equipamento médico Transporte e automoción Tecnoloxías da auga Tecnoloxías da construción Electrodomésticos Reactores nucleares (abandonado) Turbinas |
Beneficio | 83.049 millóns de euros (en 2017)[1] |
Número de empregados | 343.000 (setembro de 2014)[2] |
Na rede | |
https://www.siemens.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A décimo cuarta Conferencia Xeral de Pesos e Medidas en 1971 aprobou chamar siemens e símbolo S á unidade derivada no Sistema Internacional de Unidades para medir a condutividade eléctrica en memoria e recoñecemento de Ernst Werner von Siemens.
A cotización das accións de Siemens inclúense na base de cálculo dos seguintes índices bolsistas: DAX, S&P Global 100, Dow Jones EuroStoxx 50, Dow Jones Stoxx 50 e Dow Jones Global Titans 50.