Sicofanta
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sicofanta (do latín sycophanta, á súa vez do grego συκοφάντης, sukophantēs = 'informador', de σῦκον, sykon, figo e de φαίνω, phainô, phainein 'mostrar'[1]), foi un termo usado no ordenamento xurídico da Atenas clásica, que hoxe designa unha persoa que denuncia a outra falsamente. Nun contexto literario en orixe, e despois noutros contextos, era un «delator» ou «calumniador»[2][3] que a xente trataba de evitar para non verse envolta en denuncias falsas.