Siberia (continente)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Siberia, tamén coñecida como Angara ou Angaralandia,[1] é un antigo cratón que actualmente forma a meseta central de Siberia, pero que se formou noutras latitudes como unha masa continental fusionada con outras e despois independente, antes de que acabase fusionándose con outros continentes formando a Panxea ao final do Carbonífero e o Permiano. No leste do cratón siberiano había un mar que bañaba a marxe continental pasiva, no que agora son as terras baixas do leste de Siberia.[2]
Angaralandia foi bautizada así na década de 1880 polo xeólogo austríaco Eduard Suess, que cría erradamente que no Paleozoico había dous grandes continentes no hemisferio norte: "Atlantis", América do Norte conectada con Europa por unha península formada por Groenlandia e Islandia, e "Angaralandia", formada polo leste de Asia, nomeada así polo río Angara de Siberia.[3]