From Wikipedia, the free encyclopedia
Siarhiej Hajek[nota 1] (en belaruso Сяргей Гаек), nado como Jan Gajek o 8 de febreiro de 1949 en Łyszkowice, no condado de Łowicz[1] (dende 1999 parte do voivodato da Pequena Polonia, Polonia) é un sacerdote católico polaco, visitador apostólico para os grecocatólicos no territorio de Belarús.
Nome orixinal | (pl) Jan Sergiusz Gajek |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de febreiro de 1949 (75 anos) Łyszkowice, Polonia |
Administrador apostólico | |
30 de marzo de 2023 – | |
Visitador apostólico | |
1994 – 30 de marzo de 2023 | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica bizantina belarusa |
Educación | Universidade Católica de Lublin Pontificio Instituto Oriental |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico (1974–), presbítero greco-católico, escritor, teólogo |
Empregador | Universidade Católica de Lublin |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Naceu nunha familia católica latina de Łyszkowice, na Polonia central, e fixo os estudos básicos no mesmo lugar.
En agosto de 1967 Hajek uniuse á Congregación dos Padres Marianos. Entre 1967 e 1974 estudou na Universidade Católica de Lublin. A finais da década dos sesenta, comezou a participar en actividades do clero belaruso no exilio. Tivo contacto co centro cultural e relixioso belaruso en Londres, incluíndo co bispo Časlaŭ Sipovič e co sacerdote Robert Tamushanski. En 1973 foi ordenado sacerdote e exerceu durante varios anos na parroquia de Głuchołazy.
Durante os dous anos seguintes estudou na Facultade de Teoloxía da Universidade Católica de Lublin, e posteriormente foi enviado a Roma, onde estudou no Pontificio Instituto Oriental entre 1978 e 1983. En novembro de 1983 Hajek doutorouse e volveu a Polonia, traballando até 1999 na Universidade Católica de Lublin.
En 1994 o papa Xoán Paulo II nomeouno visitador apostólico para os grecocatólicos en Belarús. En 1996 Hajek foi nomeado arquimandrita e membro correspondente da Pontificia Academia de María. En 1997 converteuse en asesor da Congregación para as Igrexas Orientais, e en 2014 foi confirmado en dito cargo por Francisco.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.