parroquia civil do concello de Silleda From Wikipedia, the free encyclopedia
San Miguel de Siador é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2009 tiña 146 habitantes (78 mulleres e 68 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 190 habitantes. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 100 habitantes (50 homes e 50 mulleres). Nesta parroquia celébranse anualmente a Romaría do Rapaz e a romaría da Saleta.
Siador | |
---|---|
Campo da festa da aldea. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°40′37″N 8°15′25″O |
Poboación | 100 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A parroquia figura co nome de Senator e Seador en varios documentos medievais. É coñecida por atoparse nela o primeiro santuario de España de advocación mariana na honra da Nosa Señora da Virxe da Saleta creado en 1863, que cada 19 de setembro convoca a milleiros de peregrinos. Recentemente creouse tamén un Centro Espiritual Saletino rexentado por misioneiros da orde.
En Siador naceron o alcalde republicano de Silleda Emilio Alonso Paz; Benito Rivas Rodríguez, que foi xuíz municipal, e o seu fillo, Benito Rivas Fondevila, alcalde de Silleda entre 1971 e 1973; e Francisco María Rivas Taboada, fundador e benfeitor da Saleta, o seu fillo Elías Vicente Rivas Martínez e o fillo deste, Narciso Rivas Martínez, os dous últimos avogados.
Exiten varios castros nos termos desta parroquia, como o castro do Marco e o castro de Cartimil,así como outros restos arqueolóxicos: as mámoas de Montedas e Gandaracha e os petróglifos da Peneda do Encanto. Destaca o Pazo de Sestelo, propiedade da familia Rivas. No lugar de Penadagra atópase unha sobreira, cuxa idade se estima nuns 600 anos.
Lugares da parroquia de Siador no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
A Barcia | Barro | O Campo | Cartimil | Cóscaros | Costoia | O Currelo | A Gouxa | O Marco | O Outeiro | Penadagra | O Redondo | Sestelo | Siador |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.