Sherlock Holmes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sherlock Holmes é un personaxe ficticio creado en 1887 por Sir Arthur Conan Doyle. É un "detective asesor", prototipo do investigador lóxico e sagaz, famoso por utilizar a lóxica e a astucia para resolver os casos máis complicados, empregando o razoamento dedutivo e a inferencia.
Sherlock Holmes | |
---|---|
![]() Retrato de Sherlock Holmes por Sidney Paget. | |
Primeira aparición | Un estudo en escarlata(1887) |
Última aparición | O arquivo de Sherlock Holmes |
Creador(es) | Arthur Conan Doyle |
Información | |
Sexo | Masculino |
Estatura | 6 pés (1,83 m.) |
Nacemento | 6 de xaneiro de 1854[1] |
Especialidade | Razoamento dedutivo |
Ocupación | Detective asesor |
Aliados | Doutor Watson |
Inimigos | Profesor Moriarty |
Familia | Mycroft Holmes (irmán) |
Residencia | 221B Baker Street, Londres |
Nacionalidade | Británico |
Perfil en IMDb |
Holmes é o protagonista dunha serie de catro novelas e cincuenta e seis relatos de ficción, reunidos no que se chama Canon of Sherlock Holmes, publicados na súa maioría en The Strand Magazine, sendo a súa primeira aparición na novela Un estudo en escarlata. Os cincuenta e seis relatos dos cales foi protagonista son narrados polo seu alter ego, o Doutor John H. Watson, coa excepción de dous relatos narrados polo propio Holmes ("O ritual Musgrave" e "A aventura do Gloria Scott") e outros dous en terceira persoa.
As súas aventuras ambientadas a finais do século XIX e comezos do XX, influíron de xeito moi grande na ficción detectivesca que seguiu á súa aparición. Aínda que podemos considerar a Auguste Dupin, creado por Edgar Allan Poe, como o seu predecesor, a xenialidade excéntrica deste non acadou a enorme popularidade que Holmes e o seu autor acadaron en vida deste (The Strand Magazine publicaba as aventuras de Holmes a prezos moi populares, e moitos "lectores comunais" de diversas industrias lían as obras de Doyle en voz alta como unha sorte de "radio" Vitoriana, práctica xa habitual coa obra de Charles Dickens).
O propio autor, Conan Doyle, dixo que o personaxe de Holmes fora inspirado polo Dr. Joseph Bell,[2] para o cal Doyle traballara como empregado no Royal Infirmary de Edimburgo, e que, ao igual que Holmes, posuía unha gran capacidade para tirar conclusións dende a máis pequena observación.