Shenzhen Airlines
aeroliña chinesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Shenzhen Airlines (chinés: 深圳航空; pinyin: Shēnzhèn Hángkōng) é unha aeroliña chinesa con sede no aeroporto de Shenzhen-Bao'an no distrito de Bao'an de Shenzhen, Guangdong. É membro da alianza de aeroliñas Star Alliance dende 2012, e no presente é unha das dúas aeroliñas chinesas en pertencer a ela xunto con Air China.[1]
Datos rápidos Fundación, Inicio das operacións ...
Shenzhen Airlines | ||
---|---|---|
IATA ZH | OACI CSZ | Indicativo SHENZHEN AIR |
Fundación | novembro de 1992 | |
Inicio das operacións | 17 de setembro de 1993 | |
Plan de voo frecuente | PhoenixMiles | |
Frota | 187 | |
Destinos | 74 | |
Páxina web: http://www.shenzhenair.com/ |
Pechar
A aeroliña opera un total de 137 rutas domésticas en 58 aeroportos chineses, ademais de 9 rutas internacionais. No ano 2010 a aeroliña transportou 16,5 millóns de pasaxeiros, un 9% máis que o ano anterior.[2]