enxeñeira aeroespacial estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Sheila Marie Evans Widnall, nada o 13 de xullo de 1938 en Tacoma, é unha investigadora aeroespacial estadounidense e Profesora Institucional no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Foi a primeira muller titular da Secretaría da Forza Aérea dos Estados Unidos entre 1993 e 1997 e a primeira muller en liderar unha rama enteira das Forzas Armadas dos Estados Unidos no Departamento de Defensa. Foi incorporada ao Salón Nacional da Fama das Mulleres en 2003.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1938 (86 anos) Tacoma, Estados Unidos de América |
Secretário da Força Aérea dos Estados Unidos (pt) | |
6 de agosto de 1993 – 31 de outubro de 1997 | |
Secretário da Força Aérea dos Estados Unidos (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Director de tese | Mårten Landahl (en) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira , científica |
Empregador | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Partido político | Partido Demócrata |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Raymond Pierrehumbert (pt) |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Bill Widnall |
Premios
|
Widnall graduouse no MIT cun título de ciencias en 1960, despois cun mestrado universitaria en ciencias en 1961, e cun Doutoramento en ciencias en 1964, todos en Aeronáutica. Foi elixida para ocupar a sede de Profesora "Abby Rockefeller Mauzé" de Aeronáutica e Astronáutica en 1986 e uniuse á División de Sistemas de Enxeñaría en 1986.[2][3] Foi Directora de Facultade entre 1979-1981 e foi Preboste Asociado do MIT entre 1992-1993. En 1988 foi a Presidenta da Asociación Estadounidense para o Avance da Ciencia,[4] na que foi chave para a inclusión das mulleres na ciencia.
O 4 de xullo de 1993, ao estalar o Escándalo Tailhook, o entón Presidente dos Estados Unidos Bill Clinton anunciou o seu nomeamento como Secretaria da Forza Aérea.[2] Durante o seu cargo tamén manexou o escándalo de Kelly Flinn.[5] Foi elixida á Academia Nacional de Enxeñaría dos Estados Unidos en 1985, na que tamén serviu como vicepresidenta de 1998 a 2005. O 4 de outubro de 2009 Widnall recibiu o Premio Arthur M. Bueche Premio de parte desta mesma Academia.
Widnall foi un dos membros do do comité de investigación no accidente do transbordador espacial Columbia.
A investigación de Widnall enfocouse na mecánica de fluídos.[3] Entre os seus artigos máis citados atópanse temas acerca de turbulencia, modelos de inestabilidades, métodos numéricos para casos particulares de problemas de fluxo e modelos teórico-experimental de vórtices toroidais..
Widnall tamén avogou pola inclusión de mulleres nas áreas de ciencia, tecnoloxía e enxeñarías.
Entre os recoñecementos que recibiu Widnall atópanse:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.