serra do litoral sur e sueste do Brasil From Wikipedia, the free encyclopedia
A Serra do Mar é un sistema montañoso de 1 500 km de longo que se atopa no sueste do Brasil. Esténdese dende o leste cara ao sur do país, dende o Estado de Río de Xaneiro até o norte do Estado de Santa Catarina.[1] O punto máis elevado é o pico Maior de Friburgo, cunha altura de 2 310 metros.
Serra do Mar | |
---|---|
Serra do Mar | |
Localización da serra. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Brasil |
Localización | São Paulo e Paraná, Brasil |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, IX, X |
Inscrición | 1999 (23ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Latino América e o Caribe |
Identificador | 893rev |
Debido ao seu valor xeolóxico, a riqueza da súa fauna e flora, parte do treito paulista da serra do Mar foi protexido polo Condephaat e foi incluído no Patrimonio Histórico do Estado de São Paulo o 6 de xuño de 1985.[2]
De acordo co artigo 225, §4.º da Constitución do Brasil, a Serra do Mar, a selva amazónica, a mata atlántica, o Pantanal Mato-Grossense e a zona costeira constitúen patrimonio nacional.[3] Unha parte da serra do Mar foi declarada en 1999 Patrimonio da Humanidade, como parte do sitio "Reserva de mata atlántica do sueste» (ref. 893rev).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.