From Wikipedia, the free encyclopedia
A serra de Chiribiquete é unha meseta rochosa na rexión amazónica colombiana orixinada a partir do escudo güianés. Co conxunto da Serra de Naquén e a Serra da Macarena, son os sistemas montañosos máis importantes da Amazonia colombiana. No ano 2018, a UNESCO clasificou o parque como Patrimonio da Humanidade.[1]
Tipo | cordilleira outeiro | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Colombia | |||
| ||||
Cordilleira | Escudo güianés | |||
Características | ||||
Altitude | 800 m | |||
Dimensións | 30 () × 125 () km | |||
Superficie | 12.800 km² | |||
É considerado punto neurálxico no poboamento de América do Sur, o cal se estabeleceu grazas a varias expedicións antropolóxicas que descubriron nas súas montañas gran cantidade de pictogramas. En máis de 36 abeiros rochosos de diferente tamaño e localización; identificáronse máis de 200.000 debuxos, que conforman o maior achado de pictografías rupestres amazónicas. As máis antigas datan de 19.500 anos antes do presente.[2]
O pobo indíxena Carijona, que habitaba esta rexión, foi decimado durante a febre do caucho, por parte da compañía da Casa Arana situada na Chorrera (departamento do Amazonas). Estase a levar a cabo un proceso de conservación levado a cabo polo ministerio do Ambiente colombiano, por medio do sistema de parques nacionais, o que permitiu crear o Parque Nacional Natural Serra de Chiribiquete. Por mor do conflito colombiano o proceso de colonización chegou a este parque nos últimos anos, polo que o seu ecosistema único no mundo atópase seriamente ameazado polos cultivos de coca e o abandono.
A Serra de Chiribiquete atópase entre os departamentos de Guaviare e Caquetá, na zona amazónica colombiana. Adicionalmente pódese representar a Serra de Chiribiquete en tres rexións: o Macizo Norte, onde se presentan as maiores elevacións (820–840 m); o Macizo Central, con alturas que oscilan entre 350 e 600 m e, finalmente, as chamadas Mesas de Iguaje, cuxas alturas non exceden os 400 m.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.