![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/Spain_location_map.svg/langgl-640px-Spain_location_map.svg.png&w=640&q=50)
Serra de Atapuerca
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Serra de Atapuerca é un pequeno conxunto montañoso da provincia de Burgos, en Castela e León, situado entre a Cordilleira Cantábrica e o Sistema Ibérico, e que recibe o seu nome da pequena localidade e concello de Atapuerca. Cunha anchura de 5.000 metros e unha lonxitude de 1.300 metros, o seu punto de maior altitude está a 1.085 metros sobre o nivel do mar.
Xacemento arqueolóxico de Atapuerca | |
---|---|
![]() Escavacións en Atapuerca | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Tipo | Cultural |
Criterios | III, IV |
Inscrición | 2000 (24ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 989 |
A Serra de Atapuerca foi declarada Espazo de Interese Natural, Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade por mor dos sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos que acolle no seu interior, nos que se atoparon os restos fósiles de catro especies de homínidos e dunha nova especie de oso das cavernas, así como múltiples ferramentas de pedra das culturas olduvaiense, acheulense e musteriano, correspondentes cos períodos do paleolítico inferior e paleolítico medio.
En 2004 descubríronse diversos instrumentos líticos datados no Plistoceno Superior, que constituíron a primeira proba da presenza dos Neandertais en España [1]. Nunha serie de escavacións aínda en curso, descubríronse ricos depósitos fósiles e ferramentas de pedra que se atribúen aos primeiros residentes hominina coñecidos en Europa Occidental.[2] Esta reserva excepcional de datos depositáronse durante a extensa presenza no paleolítico inferior, xa que as montañas Atapuerca serviron como a residencia preferida do Homo erectus, Homo antecessor (ou Homo erectus antecessor), Homo heidelbergensis e Homo neanderthalensis[3]. O exemplar máis antigo desenterrado e datado ata o momento con confianza confirma unha idade entre 1´2 millóns e 630.000 anos. Algúns achados expóñense no próximo Museo da Evolución Humana, en Burgos. O sitio foi designado pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade, baixo o nome de "Sitio Arqueolóxico de Atapuerca".[4][5]