![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3e/Cordillera_Cantabrica.jpg/640px-Cordillera_Cantabrica.jpg&w=640&q=50)
Cordal Cantábrico
From Wikipedia, the free encyclopedia
O cordal Cantábrico ou cordilleira Cantábrica é un sistema montañoso do norte da Península Ibérica, paralelo ao mar Cantábrico. Ten unha lonxitude de 480 quilómetros dende a depresión vasca ata o Macizo Galaico. A cordal pasa polas comunidades autónomas do País Vasco, Cantabria, Asturias e Castela e León. Os seus cumios superan os 2.000 metros en Asturias, o norte das provincias de León e Palencia e a zona oriental de Cantabria. Debido ao efecto Föehn prodúcense abondosas precipitacións na vertente norte cantábrica (de ata 2.000 mm anuais) e cando os ventos descenden cara a vertente meridional estes ventos xa se presentan secos, o cal ocasiona un clima máis árido.
![]() | Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3e/Cordillera_Cantabrica.jpg/640px-Cordillera_Cantabrica.jpg)
Os materiais que forman o cordal Cantábrico son antigos, calcarias sobre todo que resultaron fortemente pregados durante o proceso alpino. Gran cantidade de ríos nacen nos montes do cordal, coma o Navia, Narcea e Nalón, entre outros.
Divídese entre o Macizo Asturiano, a Montaña Cántabra, onde están os Picos de Europa, e os Montes Vascos.