Sergei Diagilev
From Wikipedia, the free encyclopedia
Sergei Pavlovich Diagilev (en ruso: Сергей Павлович Дягилев), nado o 31 de marzo de 1872 en Selichtchi (Gobernación de Novgorod, Imperio Ruso) e finado o 19 de agosto de 1929 en Venecia (Reino de Italia), foi un crítico de arte, mecenas e empresario de ballet ruso, fundador dos Ballets Russes, de onde xurdiron moitos famosos bailaríns e coreógrafos, marcando un antes e un despois na danza clásica. É considerado unha das personalidades máis importantes da historia do ballet.[1]
Nome orixinal | (ru) Сергей Павлович Дягилев |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 31 de marzo de 1872 Selichtchi Imperio Ruso |
Morte | 19 de agosto de 1929 Venecia Italia |
Causa da morte | Diabetes mellitus |
Lugar de sepultura | Cemetery of San Michele (en) |
Datos persoais | |
Residencia | San Petersburgo (1890–) Perm (1883–1890) San Petersburgo (–1883) |
País de nacionalidade | Ruso |
Educación | Imperial St. Petersburg University (en) (1890–1896) Conservatório de São Petersburgo (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Crítica de arte (pt) e Ballet |
Ocupación | Crítico de arte, mecenas e impresario de ballet |
Período de actividade | 1896 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Ballet |
Profesores | Nikolai Rimsky-Korsakov |
Alumnos | Marie Rambert |
Lingua | Lingua rusa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Parella | Boris Kochno (pt) |
Pais | Pavel Pavlovich Diagilev (pt) e Q122363118 |
Parentes | Vasily Dyagilev (en) (sobriño) Sergey Diaghilev (en) (bisneto) |
O xenio de Diagilev e o seu extraordinario coñecemento de todas as artes levaronno a descubrir e inspirar o xenio dos demais e facilitou a colaboración cos artistas que descubriu. O seu aprecio á nova e distintiva modernidade fíxoo capaz de axudar a dar forma a unha nova arte para un novo século.[2]
Aínda que Diagilev reformou o ballet europeo, a súa compañía estivo frecuentemente próxima á bancarrota. A pesar do éxito que tivo na súa Rusia natal, Diagilev non regresou ao seu país despois da revolución de 1917 e os seus Ballets Russes nunca actuaron en Rusia. Conseguiu anticiparse ao que querían os públicos con ballets curtos en lugar de longos espectáculos de danza.[3]