Sepp Blatter
From Wikipedia, the free encyclopedia
Joseph "Sepp" Blatter, nado en Visp o 10 de marzo de 1936[1] é un dirixente de fútbol suízo, que foi presidente da FIFA entre 1998 e 2015.
Nome orixinal | (de) Josef «Sepp» Blatter |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de marzo de 1936 (88 anos) Visp, Suíza (pt) |
Dictator of fifa (en) | |
8 de xuño de 1998 – 8 de outubro de 2015 ← João Havelange – Gianni Infantino → | |
Secretary General of FIFA (en) | |
1981 – 1998 ← Helmut Käser (en) – Michel Zen-Ruffinen (en) → | |
Datos persoais | |
Residencia | Zürich |
País de nacionalidade | Suíza |
Grupo étnico | Pobo suízo |
Educación | Universidade de Lausana - título de grao (–1959) HEC Lausanne (pt) - general economics (en) (–1958) |
Actividade | |
Ocupación | funcionario deportivo , político , economista , xogador de hóckey sobre xeo |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá, lingua inglesa, Lingua alemá de Suíza, lingua francesa, lingua italiana e lingua castelá |
Deporte | fútbol hóckey sobre xeo |
Premios
| |
Procedente dos negocios, as relacións públicas e a administración deportiva, Blatter converteuse en secretario xeral da FIFA en 1981 e foi elixido presidente no 51.º congreso o 8 de xuño de 1998, sucedendo a João Havelange, que presidira a organización dende 1974. Blatter foi reelixido en 2002, 2007, 2011 e 2015. Igual que o seu predecesor, Blatter buscou incrementar a influencia dos estados africanos e asiáticos no mundo do fútbol coa expansión dos equipos participantes en varios torneos da FIFA.
Foi perseguido persistentemente por acusacións de corrupción e mala xestión financeira. O dominio de Blatter supuxo unha ampla expansión dos ingresos xerados pola Copa do Mundo da FIFA, acompañada polo colapso da compañía de mercadotecnia International Sport and Leisure e numerosas alegacións de corrupción no proceso de adxudicación dos torneos da organización.
O 2 de xuño de 2015, seis días despois de que o goberno dos Estados Unidos imputou varios dirixentes da FIFA e compañías de mercadotecnia por subornos e lavaxe de cartos,[2] Blatter anunciou que convocaría eleccións para elixir un novo presidente da FIFA e que non se presentaría ás eleccións, pero que permanecería no seu posto ata que o congreso extraordinario puidese ser organizado.[3] Anunciáronse procedementos criminais pola oficina do fiscal xeral suízo o 25 de setembro de 2015 por "mala xestión delituosa ... e malversación".[4][5]
En outubro de 2015, Blatter e outros altos cargos da FIFA foron suspendidos en medio da investigación,[6] e en decembro o independente Comité Ético da FIFA expulsou a Blatter do cargo e prohibiulle tomar parte de calquera actividade da organización nos seguintes oito anos.[7] O 24 de febreiro de 2016, un comité de apelación da FIFA mantivo a suspensión mais reduciuna de oito anos a seis.[8] Issa Hayatou actuou como presidente ata o congreso extraordinario que se celebrou a finais de febreiro, e no que se elixiu a Gianni Infantino como noveno presidente da FIFA.[9]