Selección de rugby de Inglaterra
selección de rugby a 15 de Inglaterra / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Selección de rugby de Inglaterra representa a Inglaterra en torneos internacionais de rugby. Compite anualmente no Torneo das Seis Nacións con Escocia, Francia, Gales, Irlanda e Italia, gañando este campionato até o momento en 25 ocasións de dereito propio (e 10 veces máis compartindo o trofeo), gañando ademais Grand Slam 12 veces, sendo a selección que máis veces o ten acadado. Ademais os ingleses compiten anualmente pola Calcutta Cup con Escocia coma parte deste torneo. Inglaterra ocupa actualmente[cando?] o oitavo posto na clasificación mundial da International Rugby Board[1]. Foi vencedora da Copa do Mundo de Rugby de 2003 sendo finalista en 1991 e na súa última edición de 2007, onde perderon na final fronte a Suráfrica.
Inglaterra | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | The Corgies | ||
Emblema | Rosa vermella | ||
Unión | Rugby Football Union | ||
Adestrador | Eddie Jones | ||
Capitán | Owen Farrell | ||
Mais caps | Jason Leonard (114) | ||
Máximo anotador | Jonny Wilkinson (1 179) | ||
Máis ensaios | Rory Underwood (49) | ||
Estadio | Twickenham (82 000) | ||
| |||
Ranking World Rugby | |||
Actual | 3 (2 de decembro de 2019) | ||
Máximo | 1 (2003) | ||
Mínimo | 8 (2015) | ||
Estrea internacional | |||
Escocia 1−0 Inglaterra Edimburgo, Reino Unido; 27 de marzo de 1871 | |||
Maior vitoria | |||
Inglaterra 134−0 Romanía Londres, Reino Unido; 17 de novembro de 2001 | |||
Maior derrota | |||
Australia 76−0 Inglaterra Brisbane, Australia; 6 de decembro de 1997 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 7 (primeira en 1987) | ||
Mellor resultado | 1º (2003) |
A historia desta selección comeza en 1872, cando o equipo inglés de rugby xogou o seu primeiro partido internacional (sendo ademais o primeiro da historia) contra Escocia. Inglaterra foi a gran dominante do torneo das Home Nations (hoxe das Seis Nacións) que O XV da Rosa (como é coñecida a selección inglesa) xogou o seu primeiro partido contra Nova Zelandia (os All Blacks) en 1905, Suráfrica en 1906 e Australia en 1909. Inglaterra foi un dos equipos invitados para formar parte da primeira Copa do Mundo de Rugby en 1987 chegando ao segundo posto na súa segunda edición, en 1991 só derrotados por Australia. Tralo Seis Nacións de 2003, Inglaterra gaña ese ano a súa primeira Copa do Mundo, tras gañar a Australia 20 a 17 na prórroga. Tamén chegaron á final en 2007, perdendo 15 a 6 con Suráfrica. Inglaterra xoga tradicionalmente con pantalóns e camisola brancos e medias azul escuro (aínda que agora son vermellas), cunha rosa vermella bordada no xersei. Agora por primeira vez na súa historia o súa roupa de fora da casa é vermella (en lugar do tradicional azul mariño). O seu estadio principal é o Estadio de Twickenham onde xogaron por primeira vez en 1910. O equipo está administrado pola Rugby Football Union (RFU). Catro antigos xogadores da selección forman parte do Salón da Fama Internacional do Rugby e dous do IRB Hall of Fame.