From Wikipedia, the free encyclopedia
A segunda guerra de Nagorno-Karabakh foi un conflito de 2020 armado entre as forzas armadas de Acerbaixán e a autoproclamada República de Artsakh, xunto con Armenia, na rexión de Nagorno-Karabakh, sendo a máis recente escalada de hostilidades no conflito sen resolver de Nagorno-Karabakh.
As hostilidades comezaron a mañá do 27 de setembro de 2020 ao longo da liña de contacto de Nagorno-Karabakh. Ámbolos dous bandos informaron de baixas militares e civís.[1] En resposta aos ataques, Armenia e Artsakh introduciron a lei marcial e a mobilización militar total,[2][3] mentres que Acerbaixán introduciu a lei marcial e un toque de queda.[4] O 28 de setembro, Acerbaixán declarou unha mobilización militar parcial.[5]
Numerosos países e as Nacións Unidas expresaron a súa forte condena do conflito e pediron a ámbolos dous bandos unha desescalada nas tensións e o comezo inmediato de negociacións significativas,[6] mentres que Afganistán, Paquistán, Israel e Turquía expresaron o seu apoio a Acerbaixán. Turquía proporcionou apoio militar a Acerbaixán, aínda que o alcance deste apoio non está claro.[7] Francia expresou o seu apoio a Armenia, e Irán foi acusado de apoiar a Armenia a pesar das súas peticións de paz na rexión.[8][9] Crese que Arabia Saudita e os Emiratos Árabes Unidos tamén apoiaron a Armenia neste conflito.[9]
Os analistas internacionais consideran que o conflito foi iniciado por Acerbaixán,[7][10] e os principais obxectivos desta ofensiva serían capturar distritos do sur Nagorno-Karabakh, que son menos montañosos e máis doados de tomar que a rexión do interior fortemente fortificada.[11][12] O apoio de Turquía a Acerbaixán crese que é un intento por estender a súa área de influencia ao aumentar as posicións de Acerbaixán no conflito ao tempo que marxina a influencia de Rusia na rexión.[7][13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.