Segunda división B española 2020/21
44ª edición da Segunda división B / From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2020/21 da Segunda División B foi á 44ª edición desta competición, terceiro nivel do fútbol en España.
Tipo | Segunda División RFEF ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | Real Federación Española de Fútbol ![]() |
Número de participantes | 102 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Período de tempo | tempada 2020-2021 ![]() |
Intervalo de tempo | 17 de outubro de 2020 – 26 de maio de 2021 ![]() |
Número de edición | 44 ![]() |
Comezou o 17 de outubro de 2020 e rematou o 23 de maio de 2021.[1] Foi a última edición con este nome antes da reestruturación das categorías non profesionais por parte da RFEF, pasando a chamarse Segunda División RFEF a partir da tempada seguinte.
A tempada anterior rematou bruscamente debido á pandemia causada pola enfermidade COVID-19 do coronavirus respiratorio agudo grave. Despois dun mes coa competición suspendida por alerta sanitaria, a RFEF decidiu finalizar as competicións con algunhas consideracións extraordinarias, como celebrar unha promoción de ascenso en formato rápido, suprimir os descensos, ampliar a categoría a cen equipos dividido en cinco grupos e sobre todo a creación dunha nova categoría intermedia de terceiro nivel entre a Segunda División e a nova Segunda División RFEF para a tempada 2021/22.[2][3][4]
Nesta tempada chegan como debutantes a UD Tamaraceite, o CD Covadonga, a SD Tarazona e o Atzeneta UE.