Sedes, Narón
parroquia civil do concello de Narón / From Wikipedia, the free encyclopedia
Santo Estevo de Sedes é unha parroquia rural, que se localiza no nordeste do concello de Narón na provincia da Coruña, cunha superficie de 9,65 km². Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 928 habitantes (483 mulleres e 445 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 959 habitantes. A súa densidade poboación é de 96,16 hab/km².
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Sedes | |
---|---|
Igrexa de Santo Estevo de Sedes. | |
![]() | |
Concello | Narón[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°33′08″N 8°08′25″O |
Área | 9,65 km² |
Poboación | 929 hab. (2017) |
Densidade | 96,27 hab./km² |
Entidades de poboación | 27[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.