Scyphate
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Scyphate é un termo utilizado adoito no ámbito numismático para se referir ás moedas do Imperio Bizantino de forma cóncava, de cunca ou escudela, cuñadas entre os séculos XI e XIV, en cobre, en prata, en ouro e nas súas aliaxes, como o billón e o electro.[1]
As razóns deste tipo de emisións non están claras, xa que dificultaban notablemente o proceso de fabricación ao esixir unha dobre cuñaxe, aínda que se apunta que podería deberse a facilitar o seu empillamento e, xa que logo, o seu transporte a diversos lugares do Imperio.[2] [3][4][5][6]
O uso desta denominación xeneralizouse ao longo do século XIX, aínda que xa se documenta en documentos do sur de Italiados séculos XI e XII, como unha bula de Inocencio II (1130-1143). Canto á súa etimoloxía, debátese se a súa orixe está no grego σκύφος (skyphos "escudela", "cunca") ou no vocábulo árabe shafah ("canto, bordo"), que faría referencia ao característico e sobresaínte bordo dos primeiros exemplares de histamenon de ouro.[7][8]
Unha denominación alternativa, tamén amplamente utilizada para este tipo de moedas do Imperio Bizantino, é trachy (plural τραχέα, trachea), co significado de "áspero" ou "desigual" e con orixe na expresión grega νόμισμα τραχύ (nómisma trachý), e que adoita aparecer asociada ao nome dalgunha destas moedas, como é o caso do hyperpyron trachy, o aspron trachy, etc.[9][10][11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.