![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2c/Schweizerische_Numismatische_Rundschau_%2528SNR%2529.jpg/640px-Schweizerische_Numismatische_Rundschau_%2528SNR%2529.jpg&w=640&q=50)
Schweizerische Numismatische Rundschau
revista suíza de numismática / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Schweizerische Numismatische Rundschau, cabeceira trilingüe tamén titulada Revue Suisse de Numismatique e Rivista Svizzera di Numismatica (en galego: "Revista Suíza de Numismática") é unha revista numismática de periodicidade anual publicada pola Sociedade Suíza de Numismática desde 1891.[2]
Datos rápidos Schweizerische Numismatische RundschauRevue Suisse de NumismatiqueRivista Svizzera di Numismatica –, País ...
Schweizerische Numismatische Rundschau Revue Suisse de Numismatique Rivista Svizzera di Numismatica – | |
---|---|
![]() | |
País | Suíza |
Lugar | ![]() |
Lingua | Alemán, francés e italiano. |
Especialidade | Numismática |
Abreviatura | SNR e RSN. |
Fundación | 1891 |
Fundador | Paul StroeHlin (1º director). |
Primeira edición | 1891 |
Última edición | Vixente. |
Desenvolvemento | |
Editor | Julia Genechesi e Christian Schinze.[1] |
Publicador | Sociedade Suíza de Numismática |
Circulación | |
Frecuencia | Anual. |
ISSN | 0035-4163 |
OCLC | 231044052 |
Na rede | |
http://www.numisuisse.ch/33001/32422.html e http://www.e-periodica.ch/digbib/vollist?var=true&UID=snr-003&id=browse&id2=browse5&id3=3 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
A revista contén artigos do máximo rigor científico no campo da numismática internacional e da historia monetaria desde a Antigüidade ata os tempos modernos, redactados en calquera das súas tres linguas oficiais da Sociedade Numismática Suíza (alemán, francés e italiano), ademais do inglés.[3]
Inicialmente a revista tivo a súa sede en Xenebra, mais en 1925 foi trasladada a Berna.[2][4]