From Wikipedia, the free encyclopedia
A saúde sexual e reprodutiva[1] é un eido de investigación, coidado da saúde e activismo social que explora a saúde do sistema reprodutor e o benestar sexual dun individuo durante todas as etapas da súa vida.[2][3] O termo tamén se pode definir de xeito máis amplo no marco da definición de saúde da Organización Mundial da Saúde (OMS) como "un estado de completo benestar físico, mental e social, e non só a ausencia de enfermidade ou doenza"―[4] para denotar benestar sexual, que abrangue a capacidade dun individuo para ter sexo seguro responsable, satisfactorio e a liberdade de decidir se, cando e con que frecuencia facelo. As axencias da ONU en particular definen a saúde sexual e reprodutiva incluíndo o benestar físico e psicolóxico en relación á sexualidade.[5] Outra interpretación inclúe o acceso á educación sexual, o acceso a métodos seguros, eficaces, accesibles e aceptables de control da natalidade, así como o acceso a servizos de atención sanitaria, como a capacidade das mulleres para pasar con seguridade polo embarazo e o parto podería proporcionar ás parellas as mellores posibilidades de ter un bebé saudable.
As persoas enfróntanse a desigualdades nos servizos de saúde reprodutiva. As desigualdades varían segundo o nivel socioeconómico, o nivel educativo, a idade, a etnia, a relixión e os recursos dispoñibles na súa contorna. As persoas con baixos ingresos poden carecer de acceso a servizos de saúde adecuados e/ou coñecementos sobre como manter a saúde reprodutiva.[6] Ademais, moitos enfoques implican ás mulleres, familias e comunidades locais como partes interesadas e activas nas intervencións e estratexias para mellorar a saúde reprodutiva.[7]
Respecto da Saúde Sexual, Ivonne Szasz, socióloga especializada en demografía, sinala que tradicionalmente, empregamos os termos "planificación familiar" e "saúde materno-infantil", para referirnos -cun matiz médico- ás doenzas e mortes relativas ós procesos reprodutivos, e ás complicacións do embarazo e do parto. Un concepto cun fin claro: controlar o crecemento da poboación (antinatalismo & natalismo). Nos últimos anos comezouse a empregar o termo "Saúde Reprodutiva" que ó contrario do anterior pon énfase en "os dereitos sexuais e reprodutivos de homes e mulleres. É dicir, o acceso de homes e mulleres ó propio corpo, á satisfacción persoal e á toma de decisións sobre cando, como e con quen ter relacións sexuais.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.