![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/65/Savages_-_Primavera_2013.jpg/640px-Savages_-_Primavera_2013.jpg&w=640&q=50)
Savages
From Wikipedia, the free encyclopedia
Savages é unha banda inglesa de post-punk formada no ano 2011 en Londres. O seu álbum de estrea, Silence Yourself, foi editado o 6 de maio de 2013 a través do selo Matador Records. O disco chegou ao número 19 da lista británica de álbums en maio de 2013[1] e foi aclamado pola crítica. Tamén chegou ao número 5 das listas irlandesa e británica de álbums independentes, e ao 13 na estadounidense Billboard Independent Albums. O segundo álbum da banda, Adore Life, foi editado o 22 de xaneiro de 2016.[2] Os dous traballos foron nomeados para o Mercury Prize, en 2013 e 2016 respectivamente.[3][4]
Datos rápidos Orixe, Período ...
Savages | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Londres, ![]() |
Período | 2011 - 2017 (en hiato) |
Xénero(s) | post-punk, noise rock, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Pop Noire, Matador Records |
Membros | Jehnny Beth Gemma Thompson Ayse Hassan Fay Milton |
Artistas relacionados | John & Jehn, Hindley, Partly Faithful, Kite Base, Otomo X, Bashan, 1080db, Esya |
Na rede | |
savagesband.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pechar