![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f6/Rockaway_Beach-_Gang_Of_Four_%252839702637281%2529.jpg/640px-Rockaway_Beach-_Gang_Of_Four_%252839702637281%2529.jpg&w=640&q=50)
Post-punk
movemento musical iniciado a finais dos anos 1970 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O post-punk foi un popular movemento musical iniciado a finais dos anos 70, despois do éxito do punk rock a mediados da década. O xénero ten as súas raíces no movemento punk pero é máis introvertido, complexo e experimental. O post-punk sentou as bases para o rock alternativo ao ampliar os límites do punk e da música underground, incorporando elementos do Krautrock (particularmente o uso de sintetizadores e de repeticións frecuentes), da música dub xamaicana (especificamente no baixo), ou do funk estadounidense.
Datos rápidos Orixe musical, Orixe cultural ...
Post-punk | |
---|---|
![]() ![]() | |
Orixe musical | punk rock, glam rock, krautrock, dub, funk, reggae, movementos artísticos avant-garde, música experimental, world music |
Orixe cultural | finais dos 70 no Reino Unido e Estados Unidos |
Instrumentos típicos | batería, guitarra, baixo, sintetizadores, teclados, caixas de ritmos |
Derivados | rock alternativo - deathrock - rock gótico - indie rock - post-punk revival - música industrial |
Pechar