![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/58/Solanine_chemical_structure.png/640px-Solanine_chemical_structure.png&w=640&q=50)
Saponina
From Wikipedia, the free encyclopedia
As saponinas son unha clase de compostos químicos, especialmente abondosos en diversas especies de plantas, que son glicósidos anfipáticos agrupados pola súa propiedade de producir unha escuma parecida á do xabón cando se baten en solucións acuosas, de onde lles vén o seu nome (sapo-onis é xabón en latín). Estruturalmente teñen un ou máis residuos de glicósido hidrófilos combinados cun derivado triterpeno lipófilo.[1][2]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/58/Solanine_chemical_structure.png/640px-Solanine_chemical_structure.png)
As saponinas forman micelas e cambian a tensión superficial dos líquidos. O seu tamaño molecular está entre 600 Da e os 2 700 Da, pero cando forman micelas poden chegar a ter un peso molecular entre 70 e 150 KDa. Aféctalles o pH da solución, xa que a altos pH sofren hidrólise, formándose saponinas de menor peso molecular.
As saponinas teñen unha acción irritante sobre as células. No parénquima pulmonar tradúcese nunha acción expectorante; sobre as células renais produce unha acción diurética e sobre os glóbulos vermellos unha acción hemolítica. Como norma xeral, os fármacos con saponinas producen unha acción expectorante, diurética, depurativa, tónico-venosa e de diminución do colesterol. As saponinas esteroideas serven como materia prima na hemisíntese de hormonas sexuais e corticais. Aínda que se absorben mal no tracto dixestivo, favorecen a absorción doutros compostos: os cardiotónicos.