Esteroide sexual
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os esteroides sexuais, tamén chamados esteroides gonadais ou hormonas esteroides sexuais, son hormonas esteroides que interaccionan cos receptores para os andróxenos e estróxenos dos vertebrados.[1] Os seus efectos están mediados por mecanismos xenómicos lentos por medio de receptores nucleares e por mecanismos non xenómicos rápidos por receptores asociados a membranas e cascadas de activación.[2] O termo hormona sexual é practicamente sinónimo de esteroide sexual, porque outras hormonas non esteroides que interveñen tamén de forma importante en procesos relacionados coa función sexual, como a hormona luteinizante, hormona estimulante dos folículos e hormona liberadora da gonadotropina, non se consideran xeralmente hormonas sexuais.