From Wikipedia, the free encyclopedia
Sao ( ou en grego Σαώ) é un satélite irregular de Neptuno con movemento directo. Foi descuberto por Matthew J. Holman e o seu equipo. o 14 de agosto do 2002.[4]
Descubrimento[1] | |
---|---|
Descuberta por | M.Holman J.J. Kavelaars T. Grav, W. Fraser D. Milisavljevic |
Descuberta o | 14 de agosto do 2002 |
Características orbitais[2] | |
Eixo semi-maior | 22.228 Gm |
Excentricidade | 0,1365 |
Período orbital | 2912,72 d (7,97 a) |
Inclinación | 53,483° * |
Características físicas | |
Diámetro medio | 44 km[3]** |
Período de rotación | ? |
Albedo | 0,04 asumido[3] |
Cor | ? |
Tipo espectral | ? |
Sao orbita Neptuno a unha distancia aproximada de 22,4 millóns de kms e ten un diámetro de 44 kms (asumindo un albedo do 0,04).[3]
Sao ten unha órbita excepcionalmente inclinada e moderadamente excéntrica, tal coma ilustra o diagrama e relación a outros satélites irregulares de Neptuno. Os satélites arriba do eixo horizontal son de movemento directo, e os satélites por debaixo do eixo son retrógrados. Os segmentos amarelos esténdense dende o pericentro ó apocentro, amosando a excentricidade; fágase notar a acusadisima excentricidade de Neso e Psámate, máis se a comparamos coa de Sao.
O satélite está nunha comunmente chamada resonancia Kozai, p.e. a súa inclinación e excentricidade van parellas (a inclinación da órbita decrece cando a excentricidade aumenta e viceversa).[4]
Sao, ou Neptuno XI, coma a meirande parte dos satélites máis externos de Neptuno, recibiu un dos nomes das Nereidas; Sao foi asociada a navegación e era alcumada a "Rescatadora" ou "Salvadora". Antes de recibi-lo seu nome oficial o 3 de febreiro do 2007 (IAUC 8802), Sao tiña o nome asignado provisionalmente de S/2002 N 2.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.