Santo Ourente de Entíns, Outes
parroquia civil do concello de Outes From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Outes From Wikipedia, the free encyclopedia
Santo Ourente de Entíns é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Outes. Segundo o padrón municipal (INE 2020) ten 622 habitantes (271 homes e 351 homes) distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.001 habitantes.
Santo Ourente de Entíns | |
---|---|
Ara votiva de Banzas | |
Concello | Outes[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°51′45″N 8°54′08″O |
Poboación | 622 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 30[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
No lugar de Banzas atopouse unha ara votiva romana, conservada no Museo do Pobo Galego.
Nesta parroquia celébrase a romaría do Mal Cativo, na honra de san Campio. Tamén se venera a Santo Ourente, o seu patrón.
Durante o século XX, foi un dos máis importantes centros produtores dos chamados "sancosmeiros", feitos por mulleres, que os vendían nas feiras da Serra de Outes e de Noia, principalmente, pero antigamente tamén na Picota, en Mazaricos. Na actualidade é un símbolo que os veciños levan con orgullo, chegando a ser na década de 2010 o deseño da asociación veciñal "Xente de Santo Ourente".
Lugares da parroquia de Santo Ourente de Entíns no concello de Outes (A Coruña) | |
---|---|
Banzas | O Brenzo | Buíste | Cabana Moura | Os Casais | A Costiña | O Cotro | O Cruceiro | O Curro | Diz | A Esfarrapa | O Formigueiro | Galteiros | Guende | Lavacolla | Lugar de Arriba | Mosteiro | Mourelos | Os Muíños | Oroña | Ousesende | O Piñeiro | A Poza | Quintenla | Sacido | Sarnón | A Seara | O Valado | Valeixo | O Vilar |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.